De conformidade co disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, publícase o emprazamento para trámite de audiencia ditado no expediente de reposición da legalidade urbanística IU2/13/2013, a Manuel Domínguez Méndez, en relación coas obras consistentes na construción de tres edificacións nas cales se desenvolven usos e actividades de hostalaría, no lugar de Ameiró, parroquia de Dena, no termo municipal de Meaño, provincia de Pontevedra.
O expediente relacionado atópase á disposición do interesado na Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sita no Edificio Witland, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de dez (10) días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula. Transcorrido o dito prazo, a notificación entenderase producida.
O interesado disporá dun prazo de dez (10) días hábiles, contado a partir do día seguinte a aquel en que se producise a notificación, para presentar alegacións e os documentos e xustificacións que considere pertinentes.
Para que conste e lle sirva de notificación ao citado interesado, en cumprimento do disposto no artigo 59.5º da dita Lei 30/1992, do 26 de novembro, expido e asino esta cédula.
Santiago de Compostela, 24 de outubro de 2013
María Martínez Allegue
Directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística