Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 215 Luns, 11 de novembro de 2013 Páx. 43864

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

ANUNCIO do 17 de outubro de 2013, da Xerencia de Xestión Integrada de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras, polo que se procede a dar publicidade á Resolución do 1 de outubro de 2013 pola que se convoca o procedemento de mobilidade interna voluntaria de persoal estatutario fixo de determinadas categorías de persoal diplomado e titulado sanitario e persoal de xestión e servizos do Hospital Comarcal de Verín.

A citada resolución estará exposta, desde a mesma data de publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, nos taboleiros oficiais de anuncios do Hospital Comarcal de Verín, na intranet do centro e na páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es).

As solicitudes deberán presentarse no prazo de 20 días hábiles, desde o seguinte ao da publicación deste anuncio.

Ourense, 17 de outubro de 2013

Eloína Núñez Masid
Xerente de Xestión Integrada de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras