Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 215 Luns, 11 de novembro de 2013 Páx. 43863

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

ANUNCIO do 11 de outubro de 2013, da Xerencia de Xestión Integrada de Vigo, polo que se procede a darlle publicidade á resolución ST 4/2013 da mesma data pola que se convoca, para vinculación temporal mediante nomeamento de substitución, por concurso de méritos, unha praza reservada de médico de Admisión e Documentación Clínica.

A Xerencia de Xestión Integrada de Vigo, en virtude das competencias atribuídas polo Decreto 46/2013, do 7 de marzo (Diario Oficial de Galicia núm. 54, do 18 de marzo), polo que se regula a estrutura organizativa de Xestión Integrada de Vigo, e polo Decreto 43/2013, do 21 de febreiro, polo que se establece a estrutura orgánica do Servizo Galego de Saúde e na Orde do 5 de xullo de 2012 (DOG núm. 139, do 20 de xullo), sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servizo Galego de Saúde, resolve proceder ao anuncio da convocatoria para a vinculación temporal mediante nomeamento de substitución, por concurso de méritos, dunha praza reservada de médico de Admisión e Documentación Clínica.

A citada convocatoria estará exposta nos taboleiros de anuncios das oficinas do Servizo de Persoal da Xerencia de Xestión Integrada de Vigo.

As solicitudes poderán presentarse no Rexistro da Xerencia de Xestión Integrada de Vigo no prazo de quince días naturais contados desde o día seguinte ao da publicación do anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 11 de outubro de 2013

Mario González González
Xerente de Xestión Integrada de Vigo