Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 214 Venres, 8 de novembro de 2013 Páx. 43746

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

CÉDULA do 22 de outubro de 2013 pola que se informa do trámite de audiencia en relación co procedemento CT221C tramitado nesta secretaría xeral.

No uso das competencias atribuídas a esta secretaría xeral e en virtude do disposto nos artigos 84 e 59 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (RXAP-PAC), ao seren devoltas polo servizo de Correos as notificacións enviadas no seu día polas que se lle comunica o inicio do trámite de audiencia, ao abeiro da Orde do 29 de decembro de 2010 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para a concesión de subvencións á promoción, produción e edición do libro galego, no que se refire á tradución para outras linguas de obras publicadas orixinariamente en galego e á tradución para o galego de obras publicadas orixinariamente noutras linguas, e se procede á súa convocatoria para o ano 2011 (DOG núm. 2, do 4 de xaneiro), modificada pola Orde do 5 de maio de 2011 (DOG núm. 101, do 26 de maio), infórmase do inicio do trámite de audiencia dos expedientes CT221C 2011/110 e CT221C 2011/111 e comunícaselle que pode alegar o que considere pertinente no prazo non superior a 15 días, contados desde o seguinte ao da data de publicación desta cédula, coa advertencia de que, de non facelo así, se procederá a ditar resolución de revogación e arquivamento dos expedientes.

Santiago de Compostela, 22 de outubro de 2013

Anxo Manuel Lorenzo Suárez
Secretario xeral de Cultura