Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 214 Venres, 8 de novembro de 2013 Páx. 43761

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

CÉDULA do 16 de outubro de 2013, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se fai pública unha relación de notificacións de acordos de procedencia de reintegro de axudas do programa de incentivos ao plan empresarial de estabilidade laboral, reguladas na Orde do 19 de maio de 2008 (Diario Oficial de Galicia número 100, do 26 de maio), relativa aos expedientes TR345B 2008/000424-1 e tres máis.

Intentada a notificación das citadas resolucións segundo o disposto nos artigos 59.5º e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula e segundo o disposto no número 5 do referido artigo e o establecido no artigo 61 do mesmo texto legal, notifícaselles aos interesados o contido das resolucións que figuran como anexo para que poidan ter coñecemento delas.

Estas resolucións poñen fin á vía administrativa e contra elas os interesados poden interpoñer recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, que comezará a contar a partir do día seguinte ao da publicación desta cédula no Diario Oficial de Galicia, ante o órgano competente da xurisdición contencioso-administrativa. Así mesmo, con anterioridade e con carácter potestativo, poderán interpoñer recurso de reposición no prazo dun mes, que comezará a contar a partir do día seguinte ao desta publicación, ante esta xefatura territorial, todo isto de conformidade co establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, e na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Lémbraselles tamén o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias desta xefatura territorial, sitas na rúa Salvador de Madariaga, nº 9, 1º, A Coruña, e a obter, se é o caso, copia da resolución, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

A Coruña, 16 de outubro de 2013

Mª Pilar Caridad Alonso
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Nº de expediente: TR345B 2008/000424-1.

Nome ou razón social: Benedicto Quintela Trillo.

DNI/NIF: 76332907R.

Último enderezo coñecido: lugar de Baíñas, s/n, 15129 Vimianzo, A Coruña.

Feito imputado: non manter no seu cadro de persoal fixo os traballadores/as contratados/as ao abeiro deste programa durante un período mínimo de 3 anos.

Precepto infrinxido: artigo 14.5 da orde de convocatoria.

Contido da resolución: acordo da procedencia de reintegro

Nº de expediente: TR345B 2008/000699-1.

Nome ou razón social: Ludatex Carballo, S.L.

DNI/NIF: B70078175.

Último enderezo coñecido: lugar de Barís, Rus, 16, 15109 Carballo, A Coruña.

Feito imputado: non manter no seu cadro de persoal fixo os traballadores/as contratados/as ao abeiro deste programa durante un período mínimo de 3 anos.

Precepto infrinxido: artigo 14.5 da orde de convocatoria.

Contido da resolución: acordo da procedencia de reintegro.

Nº de expediente: TR345B 2008/000818-1.

Nome ou razón social: Sei Cas, S.L.U.

DNI/NIF: B70132238.

Último enderezo coñecido: lugar de Folgueira, Catelo, 6, 15189 Culleredo, A Coruña.

Feito imputado: non manter no seu cadro de persoal fixo os traballadores/as contratados/as ao abeiro deste programa durante un período mínimo de 3 anos.

Precepto infrinxido: artigo 14.5 da orde de convocatoria.

Contido da resolución: acordo da procedencia de reintegro.

Nº de expediente: TR345B 2008/000841-1.

Nome ou razón social: Manuel González Rodríguez.

DNI/NIF: 33272856K.

Último enderezo coñecido: porto deportivo de Ribeira, s/n, 15960 Ribeira, A Coruña.