Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 214 Venres, 8 de novembro de 2013 Páx. 43771

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

ANUNCIO do 16 de outubro de 2013, da Xefatura da Área Provincial de Lugo, polo que se empraza a interesada para ser notificada por comparecencia no expediente RBE-10705-08.

De conformidade co disposto nos artigos 59.2 e 4 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, despois de intentada a notificación persoal, emprázase a interesada que se sinala no anexo para ser notificada por comparecencia.

A comparecencia deberá de efectuarse no prazo de 10 días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede da Área Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo, sita na avenida Ramón Ferreiro, n° 28, da cidade de Lugo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuar comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da publicación.

Lugo, 16 de outubro de 2013

Mª Mar Gómez Pardo
Xefa da Área Provincial de Lugo

ANEXO

Expediente: RBE-10705-08.

Interesada: Gracia Lydia Toscano Almeida.

Acto notificado: resolución de revogación do dereito á renda básica de emancipación desde o 1 de decembro de 2008 ao 31 de decembro de 2008.