Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 214 Venres, 8 de novembro de 2013 Páx. 43768

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

RESOLUCIÓN do 29 de outubro de 2013 pola que se anuncia a licitación, polo sistema de procedemento aberto e trámite urxente, para a contratación do servizo consistente na vixilancia encargada da seguridade das obras promovidas polo Instituto Galego da Vivenda e Solo no polígono de Bertón, Ferrol (expediente C-2008/706-707).

1. Entidade adxudicadora.

Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS).

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: servizo consistente na vixilancia encargada da seguridade das obras promovidas polo IGVS no polígono de Bertón. Ferrol.

b) Prazo de execución: máximo 4 meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: multicriterio.

4. Orzamento base de licitación.

a) Orzamento de licitación: corenta e oito mil euros (48.000,00 €), IVE excluído.

b) IVE (21 %): dez mil oitenta euros (10.080,00 €).

c) Importe total: cincuenta e oito mil oitenta euros (58.080,00 €).

5. Garantías.

a) Provisional: non se exixe.

b) Definitiva: 5 % do orzamento de adxudicación, IVE excluído.

6. Requisitos específicos do contratista.

Os sinalados no punto D da folla de especificacións.

7. Obtención de documentación.

– Os pregos de cláusulas administrativas particulares e prescricións técnicas polos que terá que rexerse a contratación poderán recollerse durante o prazo de presentación de proposicións no servizo de contratación na sede central do IGVS (Polígono das Fontiñas, Área Central, s/n, Santiago de Compostela).

– Poderánse obter os pregos a través da internet no perfil do contratante no enderezo:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=19764

– Tamén no perfil do contratante:

http://igvs.xunta.es/web/igvs/329

8. Presentación das ofertas.

As proposicións, que se axustarán ao modelo que se inclúe no correspondente prego de cláusulas administrativas particulares, presentaranse no rexistro da sede dos servizos centrais do IGVS (Polígono das Fontiñas, Área Central, s/n, Santiago de Compostela) ata o oitavo (8) día natural contado a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. De coincidir o dito día en sábado ou festivo, o prazo para a presentación das propostas rematará o primeiro día hábil seguinte. Cando a proposición se envíe por correo, o licitador deberá xustificar a data de imposición do envío na oficina de Correos e anunciarlle ao órgano de contratación a remisión da dita oferta mediante telegrama ou fax (981 54 16 00) no mesmo día.

9. Posibilidade de variantes.

Non se admiten.

10. Apertura de proposicións.

O acto público de apertura do sobre B (documentación relativa a criterios non avaliables de forma automática) terá lugar no salón de actos da sede dos servizos centrais do Instituto Galego da Vivenda e Solo, nun prazo non superior a 7 días contados desde a apertura da documentación administrativa que será anunciada no perfil do contratante.

O acto público de apertura do sobre C (documentación relativa a criterios avaliables de forma automática) terá lugar no salón de actos da sede dos servizos centrais do Instituto Galego da Vivenda e Solo, na data e hora que será anunciada, con tres días hábiles de antelación á súa realización, no perfil do contratante.

11. Gastos do anuncio.

O importe dos anuncios será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 29 de outubro de 2013

P.D. (Resolución 23.6.2010)
Teresa María Gutiérrez López
Directora xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo