Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 213 Xoves, 7 de novembro de 2013 Páx. 43599

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 da Coruña

EDICTO (29/2010).

Eu, María Blanco Aquino, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 da Coruña, fago saber que no procedemento de demanda 29/2010 deste xulgado do social, seguido por instancia de Juan José Rabuñal Otero contra a empresa Grafoplás del Noroeste, S.A., Mutua Gallega, Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, sobre seguridade social, se ditou resolución do 31 de xullo de 2013 dirixida, entre outras, a Grafoplás del Noroeste, S.A., contra a cal cabe interpor recurso de reposición no prazo de tres días. Os interesados poderán ter coñecemento íntegro do acto no dito xulgado.

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Grafoplás del Noroeste, S.A., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 11 de outubro de 2013

A secretaria xudicial