Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 213 Xoves, 7 de novembro de 2013 Páx. 43642

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 10 de outubro de 2013, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se anuncia o levantamento das actas previas á ocupación de bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica LMTS, CT e RBT Romarís-Lira, Carnota (expediente 53/2012).

Tras ser outorgada a declaración de utilidade pública que leva implícita a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados polas instalacións da liña eléctrica subterránea a 20 kV, cunha lonxitude de 0,380 km, coa orixe en cela existente no CT Mar de Lira e final no centro de transformación que se instalará no lugar de Romarís-Lira, no termo municipal de Carnota (expediente 53/2012), por resolución desta xefatura territorial do 25 de marzo de 2013, a favor da entidade beneficiaria Unión Fenosa Distribución, S.A. con enderezo na avda. de Arteixo, nº 171, 15007 A Coruña.

Esta xefatura territorial acorda sinalar o día 3 de decembro de 2013 para o levantamento das actas previas á ocupación, de conformidade cos artigos 52 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954 e 56 do seu regulamento, do 26 de abril de 1957, nas cales se describirán os bens ou dereitos expropiables e de imposición de servidume de paso de enerxía eléctrica, contidos na relación de predios que se expón xunto con esta resolución no taboleiro de edictos do Concello de Carnota, deducida da que se someteu a información pública no DOG, BOP e no xornal La Voz de Galicia, de datas 12.7.2012, 26.6.2012 e 20.6.2012, respectivamente, acto ao cal deberán concorrer os propietarios propostos dos predios afectados, aos que se lles practicará notificación individual en que se lles sinalan os horarios de toma de datos sobre o terreo e do levantamento efectivo das actas nas oficinas da referida casa do concello.

Esta publicación realizarase igualmente para os efectos do artigo 59.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, cando os titulares dos predios propostos sexan descoñecidos ou se ignore o lugar de notificación; e así dirixir ao Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan destes, de conformidade co artigo 5 da dita Lei de expropiación forzosa.

A Coruña, 10 de outubro de 2013

Susana Vázquez Romero
Xefa territorial da Coruña