Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 212 Mércores, 6 de novembro de 2013 Páx. 43472

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Lalín

ANUNCIO de información pública sobre obra para acondicionamento de local para cafetaría-pastelaría (expediente 7156/13).

Por instancia de Gabriela Fernanda Peres Pícaro estase tramitando no Concello de Lalín o expediente para a obtención da licenza de obra para acondicionamento de local e destinalo á actividade de cafetaría-pastelaría na rúa Melide, nº 8, local 4, Lalín (expediente 7156/13), actividade recollida no Decreto 292/2004, do 18 de novembro, polo que se aproba o Catálogo de espectáculos públicos e actividades recreativas da Comunidade Autónoma de Galicia.

En cumprimento do disposto no artigo 36.b.3 do Real decreto 2816/1982, do 27 de agosto, polo que se aproba o Regulamento de policía de espectáculos públicos e actividades recreativas, sométese a información pública o expediente mediante anuncios no Diario Oficial de Galicia e no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra e exposición no taboleiro de anuncios do concello, para que poida ser examinado, no Departamento de Urbanismo-Licenzas, e se formulen, de ser o caso, alegacións ou reclamacións durante o prazo de vinte días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Lalín, 30 de setembro de 2013

Román Rodríguez González
Concelleiro delegado de Urbanismo