Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 212 Mércores, 6 de novembro de 2013 Páx. 43471

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Forcarei

ANUNCIO de información pública sobre taller de automóbiles, venda de repostos e venda de automóbiles nas Casetas (Forcarei).

En cumprimento do disposto no punto 3 do artigo 8 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública o expediente IFO-1/12-1530, que se tramita neste concello por instancia de Forcarei Motor, S.L., para o recoñecemento de actividade de taller de automóbiles, venda de repostos e venda de automóbiles, no lugar das Casetas (Forcarei), neste termo municipal. Durante o prazo de vinte (20) días, contados a partir do seguinte ao da última das publicacións deste edicto que se farán unha no Boletín Oficial da provincia (BOP) de Pontevedra e outra no Diario Oficial de Galicia (DOG), o expediente atópase á disposición do público nas oficinas municipais co fin de que aquelas persoas que dalgún modo se consideren afectadas pola actividade que se pretende instalar poidan formular por escrito as reclamacións ou observacións que xulguen oportunas.

Forcarei, 10 de outubro de 2013

Belén Cachafeiro Anta
Alcaldesa