Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 212 Mércores, 6 de novembro de 2013 Páx. 43463

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 2 de outubro de 2013, da Xerencia de Xestión Integrada de Lugo, Cervo e Monforte de Lemos, pola que se anuncia a licitación, polo procedemento aberto e tramitación ordinaria, da explotación en réxime de ocupación demanial, de dous caixeiros automáticos no Hospital Universitario Lucus Augusti (AB-EIL1-13-011).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Servizo Galego de Saúde. Xerencia de Xestión Integrada de Lugo, Cervo e Monforte de Lemos.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación Administrativa do HULA.

c) Obtención de documentación e información:

1) Dependencia: Servizo de Contratación Administrativa.

2) Enderezo: rúa Doutor Ulises Romero, 1.

3) Localidade, código postal: Lugo, 27003.

4) Teléfono: 982 29 60 47.

5) Telefax: 982 29 65 92.

6) Correo electrónico: alvaro.lage.mouriz@sergas.es

7) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es

8) Data límite de obtención de documentación e información: ata o derradeiro día de presentación de ofertas.

d) Número de expediente: AB-EIL1-13-011.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: concesión de ocupación de dominio público.

b) Descrición: xestión e explotación de dous caixeiros automáticos (Servired y Red 6000) no HULA.

c) División por lotes e número de lotes/número de unidades: si, dous.

d) Lugar de execución/entrega:

1) Enderezo: rúa Doutor Ulises Romero, 1.

2) Localidade, código postal: Lugo, 27003.

e) Prazo de execución/entrega: 48 meses.

f) Admisión de prórroga: si.

g) Establecemento dun acordo marco: non.

h) Sistema dinámico de adquisición: non.

i) CPV (referencia de nomenclatura): 30123200-9.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Poxa electrónica: non.

d) Criterios de adxudicación: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

4. Valor estimado do contrato: canon de 12.000,00 euros.

5. Orzamento base de licitación.

Importe total: canon mínimo anual de 2.000,00 euros, non suxeito a IVE.

6. Garantías exixidas.

Definitiva: 40 % do importe anual do canon que se oferte.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: ver pregos.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional, se é o caso: ver pregos.

c) Outros requisitos específicos: ver pregos.

d) Contratos reservados: non.

8. Presentación das ofertas ou de solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: as catorce horas do décimo quinto día natural contado desde o seguinte ao da data de publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. Se o derradeiro día de presentación ou envío das ofertas coincide en sábado ou día inhábil, na localidade de presentación, o dito prazo prorrogarase ata o primeiro día hábil seguinte.

b) Modalidade de presentación: ver pregos.

c) Lugar de presentación:

1) Dependencia: Rexistro Xeral no 2º andar do HULA.

2) Enderezo: rúa Doutor Ulises Romero, 1.

3) Localidade, código postal: Lugo, 27003.

d) Número previsto de empresas ás que se pretende invitar a presentar ofertas: non procede.

e) Admisión de variantes: non.

f) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous meses.

9. Apertura das ofertas.

a) Descrición: apertura pública.

b) Enderezo: sala 305 da Dirección Xerencia no 3º andar do HULA. Rúa Doutor Ulises Romero, 1.

c) Localidade, código postal: Lugo, 27003.

d) Data e hora: publicarase no perfil do contratante.

10. Gastos de publicidade: o importe dos gastos de publicidade será por conta do adxudicatario do procedemento.

11. Data de envío do anuncio o Diario Oficial de la Unión Europea:_

12. Outras informacións: ver o prego de prescricións técnicas.

Lugo, 2 de outubro de 2013

Antonio García Quintáns
Xerente de Xestión Integrada de Lugo, Cervo e Monforte de Lemos