Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 212 Mércores, 6 de novembro de 2013 Páx. 43459

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 1 de outubro de 2013, da Xerencia de Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés, pola que se anuncia a contratación da subministración sucesiva de próteses de cadeira e de xeonllo (MS-EIP1-13-020).

1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención da información

a) Organismo: Servizo Galego de Saúde. Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación Administrativa.

c) Obtención de documentación e información:

1) Dependencia: Servizo de Contratación Administrativa.

2) Domicilio: avenida de Vigo, 16.

3) Localidade e código postal: Pontevedra, 36003.

4) Teléfono: 986 88 51 33.

5) Telefax: 986 88 58 85.

6) Correo electrónico: contratacionadministrativa.pontevedra@sergas.es

7) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es

8) Data límite de obtención de documentación e información: ata a data límite de presentación das ofertas, todos os días laborables, agás os sábados, das 9.00 ás 14.00 horas.

d) Número de expediente: MS-EIP1-13-020.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: administrativo de subministracións.

b) Descrición: subministración sucesiva de próteses de cadeira e de xeonllo para os hospitais dependentes da estrutura de Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés.

c) División por lotes e número de lotes/número de unidades: sete.

d) Lugar de execución/entrega: Hospital do Salnés.

1) Domicilio: rúa Hospital do Salnés, nº 30.

2) Localidade e código postal: Vilagarcía de Arousa, 36616.

e) Prazo de execución/entrega: 12 meses.

f) Admisión de prórroga: si.

g) CPV (referencia de nomenclatura): 33141750-2 e 33184100-4.

3. Tramitación, procedemento.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Criterios de adxudicación, de ser ocaso: véxase o prego de cláusulas administrativas particulares.

4. Valor estimado do contrato: 2.627.632,24 €.

5. Orzamento base de licitación.

Importe neto: 1.194.378,43 €. Importe total: 1.313.816,28 €.

6. Garantías exixidas.

a) Provisional: non se exixe.

b) Definitiva (%): cinco por cento do importe de adxudicación, excluído o imposto sobre o valor engadido.

7. Requisitos específicos do contratista.

Solvencia económica e financeira e solvencia técnica ou profesional, de ser o caso: véxase o prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: 2.12.2013.

b) Modalidade de presentación: véxase o prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

1. Dependencia: Rexistro de Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés.

2. Domicilio: rúa Loureiro Crespo, 2.

3. Localidade e código postal: Pontevedra, 36001.

4. Enderezo electrónico: contratacionadministrativa.pontevedra@sergas.es

d) Admisión de variantes, se procede: non.

e) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous meses, desde a data de apertura das proposicións.

9. Apertura das ofertas.

a) Descrición: procederase á apertura dos sobres B e C e darase lectura ás propostas.

b) Enderezo: publicarase no perfil do contratante.

c) Localidade e código postal: Pontevedra, 36003.

d) Data e hora: a data e a hora de realización da apertura dos sobres B e C publicaranse no perfil do contratante: www.sergas.es

10. Gastos de publicidade: serán por conta do adxudicatario ou adxudicatarios. O importe estimado máximo, salvo revisión de tarifas, no DOG é de 5,42 €/liña (se é urxente, 10,82 €/liña). BOE: 11,297007 €/liña título e 12,552231 €/liña de texto (se é urxente, 22,58 €/liña título e 25,1 €/liña de texto). DOUE: publicidade sen cargo.

11. Data do envío do anuncio ao Diario Oficial de la Unión Europea: 16.10.2013.

12. Outras informacións.

Pontevedra, 1 de outubro de 2013

P.D. (Artigo 5 da Orde do 5 de xullo de 2012)
José Manuel González Álvarez
Xerente de Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés