Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 212 Mércores, 6 de novembro de 2013 Páx. 43427

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 14 de outubro de 2013, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se anuncia o levantamento das actas previas á ocupación de bens e dereitos afectados por instalacións eléctricas en Lamacido-Ortigueira (expediente 178/2012).

Outorgada a declaración de utilidade pública que leva implícita a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados polas instalacións da liña eléctrica aérea a 20 kV, cunha lonxitude de 320 m, con orixe na LMT MEA-827 (Ortigueira) e final no centro de transformación que se vai instalar no lugar de Lamacido, no termo municipal de Ortigueira (expediente 178/2012), por resolución desta xefatura territorial do 18 de xuño de 2013, a favor da entidade beneficiaria Unión Fenosa Distribución, S.A. con enderezo na avenida de Arteixo, nº 171, 15007 Coruña.

Esta xefatura territorial acorda sinalar o día 5 de decembro de 2013 para o levantamento das actas previas á ocupación, de conformidade cos artigos 52 da Lei de expropiación forzosa do 16 de decembro de 1954 e 56 do seu Regulamento do 26 de abril de 1957, nas cales se describirán os bens ou dereitos expropiables e de imposición de servidume de paso de enerxía eléctrica, contidos na relación de predios que se expón xunto con esta resolución no taboleiro de edictos do Concello de Ortigueira, deducida da que se someteu a información pública no DOG, BOP e no xornal La Voz de Galicia do 22.2.2013, 13.2.2013 e 7.2.2013, respectivamente, acto ao que deberán concorrer os propietarios propostos dos predios afectados, aos cales se lles practicará notificación individual sinalándoselles os horarios de toma de datos sobre o terreo e do levantamento efectivo das actas nas oficinas da referida casa do concello.

Esta publicación realízase igualmente para os efectos do artigo 59.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, cando os titulares dos predios propostos sexan descoñecidos ou se ignore o lugar de notificación; e así dirixir ao Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan destes, de conformidade co artigo 5 da Lei de expropiación forzosa.

A Coruña, 14 de outubro de 2013

Susana Vázquez Romero
Xefa territorial da Coruña