Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 212 Mércores, 6 de novembro de 2013 Páx. 43426

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 10 de outubro de 2013, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica no concello de Lugo (expediente IN407A 2013/28-2, 8112 AT).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: BEGASA.

Domicilio social: rúa Cidade de Viveiro, 4, 1º, 27002 Lugo.

Denominación: LMTS, CTC e RBTS para subministración eléctrica na rúa Monforte, 2-4, esq. rolda da Muralla 74-75 e 76-77.

Situación: concello de Lugo.

Características técnicas:

• Desprazamento dun tramo de LMT soterrada con orixe no CT proxectado e final no CTC (00602) Monforte, cunha lonxitude de 29 metros.

• Liña de media tensión soterrada a 20 kV, con orixe na ST C. Conde e final no CT proxectado, cunha lonxitude de 100 metros en condutor tipo RHZ-240.

• CT en edificio non prefabricado, cunha potencia proxectada de 630 kVA e unha potencia inicial de 400 kVA, relación de transformación 20.000/400-230 V, no cal se instalan dúas celas de liña e unha de protección.

• RBT soterradas e tensión trifásica de 400 V e monofásica de 230 V, con orixe nos cadros de baixa tensión do CT proxectado e final nas CXP do edificio que se vai electrificar.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, no prazo de vinte días.

Lugo, 10 de outubro de 2013

José Manuel Vázquez Leirado
Xefe territorial de Lugo