Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 212 Mércores, 6 de novembro de 2013 Páx. 43421

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 30 de setembro de 2013, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se autoriza administrativamente e se aproba o proxecto de execución dunha instalación eléctrica nos concellos de Ribeira e Porto do Son (expediente IN407A 101/2013).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e de aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a seguir se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avenida de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: LMTS, CT, RBT Carballosa II.

Situación: concellos de Ribeira e Porto do Son.

Características técnicas:

– Liña eléctrica de media tensión soterrada a 20 kV, cunha lonxitude de 0,020 km, coa orixe na LMTS aérea PMR-814 Corrubedo da LMTA ao CT Muíños, en apoio nº 53/45 entre as derivadas ao CT Carballosa e ao CT Oleiros, condutor tipo RHZ1-2OL-12/20 kV (1×150 Al) e final no CT Carballosa II proxectado.

– Centro de transformación prefabricado Carballosa II, cunha potencia de 250 kVA e unha relación de transformación de 20.000/400-230 V.

– Rede de baixa tensión soterrada coa orixe no CT Carballosa II, cunha lonxitude de 0,055 km, en condutor XZ1.

– Rede de baixa tensión aérea, coa orixe no apoio proxectado nas inmediacións do CT Carballosa II, cunha lonxitude de 0,885 km, en condutor RZ e apoios de formigón.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII, capítulo II, do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta xefatura territorial resolve:

Autorizar e aprobar o proxecto de execución da dita instalación, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación.

Esta autorización outórgase sen prexuízo das concesións e autorizacións que sexan necesarias, de acordo con outras disposicións que resulten aplicables e, en especial, as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.

A instalación executarase nun prazo non superior a un ano, contado a partir da data desta resolución.

Contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución; tamén se poderá interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.

A Coruña, 30 de setembro de 2013

Susana Vázquez Romero
Xefa territorial da Coruña