Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 211 Martes, 5 de novembro de 2013 Páx. 43193

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 30 de agosto de 2013, da Xerencia de Xestión Integrada de Lugo, Cervo e Monforte de Lemos, pola que se procede a dar publicidade á resolución da mesma data pola que se convoca a provisión dun posto vacante de xefe da Sección de Mantemento no Hospital da Costa.

De conformidade co establecido no Decreto 206/2005, do 22 de xullo (DOG nº 145, do 29 de xullo), de provisión de prazas de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde, e demais lexislación concordante, en virtude das competencias outorgadas polo Decreto 43/2013, do 21 de febreiro (DOG nº 47, do 7 de marzo), polo que se establece a estrutura orgánica do Servizo Galego de Saúde, e a Orde do 5 de xullo de 2012
(DOG nº 139, do 20 de xullo), sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servizo Galego de Saúde, e logo da autorización da Dirección Xeral de Recursos Humanos,

RESOLVE:

Anunciar a convocatoria para cubrir, polo procedemento de concurso de méritos, unha praza de xefe da Sección de Mantemento no Hospital da Costa, así como aprobar as bases que rexerán esta convocatoria.

As bases da citada resolución estarán expostas no taboleiro de anuncios do Hospital da Costa, así como na páxina web do Sergas (www.sergas.es).

O prazo de presentación de solicitudes será de quince (15) días contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. As solicitudes deberán dirixirse ao xerente executivo de Cervo e poderán ser presentadas no Rexistro do centro ou a través de calquera dos procedementos do artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Burela, 30 de agosto de 2013

Antonio García Quintáns
Xerente de Xestión Integrada de Lugo, Cervo e Monforte de Lemos

Anexo

Praza de persoal estatutario de xestión e servizos.

Categoría: N-A2-02 xefe de sección.

Complemento destino nivel 24.

Posto de traballo: Servizo de Mantemento.