Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 210 Luns, 4 de novembro de 2013 Páx. 43125

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ANUNCIO do 16 de outubro de 2013, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, polo que se empraza a interesada para ser notificada por comparecencia.

De conformidade co disposto nos artigos 58 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, logo de tentada a notificación persoal, emprázase a interesada identificada no anexo para ser notificada por comparecencia.

A resolución obxecto de notificación ditouna o secretario xeral técnico da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria por delegación do conselleiro.

A comparecencia deberá efectuarse no prazo de dez (10) días hábiles, que se contarán desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, na sede da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

A citada dirección xeral ten a súa sede en Santiago de Compostela; Edificio Administrativo San Caetano, bloque 1, 2º andar.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao día final do prazo fixado.

Santiago de Compostela, 16 de outubro de 2013

José Manuel Pinal Rodríguez
Director xeral de Centros e Recursos Humanos

ANEXO

Persoa interesada: María Victoria Aceiro Martínez.

Asunto: paga extraordinaria por antigüidade na empresa (VI Convenio colectivo de empresas de ensino privado sostidas total ou parcialmente con fondos públicos).

Acto notificado: resolución de reclamación previa á vía xudicial laboral.