Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 210 Luns, 4 de novembro de 2013 Páx. 43124

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 22 de outubro de 2013, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica: recuamento LMT e CT en Souto (grupo escolar) no concello de Amoeiro (expediente IN407A 2013/61-3).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: A Batundeira, 2, 32960 Ourense.

Denominación: recuamento LMT e CT en Souto (grupo escolar).

Situación: Amoeiro.

Características técnicas:

LMT subterránea de 450 m, con condutor RHZ1 12/20 kV-3×150 AL e con orixe no apoio proxectado con paso aéreo a subterráneo (condutor LA110/116,2 mm2) e remate na LMT SAC 805 O Carballiño 5 con entrada e saída no CT grupo escolar 32CW11 de 250 kVA e R/T 20.000/400-230 V, no cal se instalarán novas celas compactas.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, r/ Curros Enríquez, 1, 4º, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.

Ourense, 22 de outubro de 2013

P.S.L. (Decreto 110/2013, do 4 de xullo)
Alfonso Tomás Paz Doniz
Xefe do Servizo de Administración Industrial