Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 209 Xoves, 31 de outubro de 2013 Páx. 42854

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económico-Financeira e Contable

RESOLUCIÓN do 25 de outubro de 2013, da Dirección Xeral do Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económico-Financeira e Contable (Cixtec), pola que se anuncia a contratación do servizo de limpeza das instalacións do Cixtec.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económico-Financeira e Contable (Cixtec).

b) Dependencia que tramita o expediente: Departamento de Xestión Económica e Réxime Interno do Cixtec.

c) Obtención da documentación e información:

1) Dependencia: Cixtec.

2) Enderezo: rúa Domingo Fontán, nº 9.

3) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15702.

4) Teléfono: 981 54 13 37.

5) Telefax: 981 54 12 70.

6) Enderezo electrónico: contratacion.rexistro@cixtec.es

7) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.cixtec.es

8) Data límite de obtención da documentación e información: coincide coa data límite de presentación de ofertas.

d) Número de expediente: 2014-001A.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: servizos.

b) Descrición do obxecto: servizo de limpeza das instalacións do Cixtec.

c) Lugar de execución: o indicado no prego de prescricións técnicas.

d) Prazo de execución: doce meses desde a formalización do contrato.

e) Admisión de prórroga: si.

f) CPV: 90919200-4.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria, anticipada de gasto.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: pluralidade de criterios.

d) Criterios de adxudicación: os estipulados no prego de cláusulas administrativas particulares.

4. Valor estimado do contrato.

Importe: 77.686,00 euros.

5. Orzamento base de licitación.

Importe neto: 38.843,00 euros. Importe total: 47.000,00 euros.

6. Garantías exixidas.

Definitiva: 5 % do importe de adxudicación.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: non se exixe.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica ou profesional (se é o caso): a que figura no prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación das ofertas.

a) Data límite de presentación de ofertas:

1) Ofertas presentadas a través do Sistema de licitación electrónica da Xunta de Galicia (Silex): o prazo de presentación rematará ás 14.00 horas do décimo quinto (15) día natural contado a partir do seguinte ao da publicación do anuncio no Diario Oficial de Galicia.

2) Ofertas presentadas en sobre pechado: o prazo de presentación rematará ás 14.00 horas do décimo quinto (15) día natural contado a partir do seguinte ao da publicación do anuncio no Diario Oficial de Galicia. De coincidir o dito día en sábado ou festivo, o prazo para a presentación das ofertas rematará o primeiro día hábil seguinte. Cando a proposición se envíe por correo, o licitador deberá xustificar a data de imposición de envío na oficina de Correos e comunicarlle ao órgano de contratación a remisión da dita oferta mediante telegrama ou fax (981 54 12 70) no mesmo día.

b) Modalidade de presentación: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

1) Documentación presentada a través do Sistema de licitación electrónica da Xunta de Galicia (Silex). Enderezo electrónico: www.conselleriadefacenda.es/silex

2) Documentación presentada en sobre pechado:

Dependencia: Rexistro Xeral do Cixtec.

Enderezo: rúa Domingo Fontán, nº 9.

Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15702.

d) Admisión de variantes: non se admiten.

e) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: 2 meses.

9. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Cixtec.

b) Enderezo: rúa Domingo Fontán, nº 9.

c) Localidade: Santiago de Compostela.

• Mesa pública: criterios cuantificables mediante xuízo de valor:

Data: o sexto (6) día hábil, contado a partir do seguinte ao de finalización de presentación de ofertas. Se ese día coincidise en sábado ou festivo, a mesa reuniríase o primeiro día hábil seguinte, á mesma hora.

Hora: 10.00 horas.

• Mesa pública: criterios avaliables de forma automática por aplicación de fórmulas:

A data e a hora anunciaranse oportunamente no perfil do contratante e comunicaranse aos licitadores.

10. Gastos de anuncios.

Os gastos de anuncios serán por conta do adxudicatario e serán, como máximo, de 10,82 euros por liña publicada no DOG.

Santiago de Compostela, 25 de outubro de 2013

M. Mauro Fernández Dabouza
Director xeral do Centro Informático para a Xestión Tributaria,
Económico-Financeira e Contable