Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 209 Xoves, 31 de outubro de 2013 Páx. 42851

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Turismo de Galicia

RESOLUCION do 10 de outubro de 2013 pola que se anuncia a licitación para a contratación do servizo suxeito a regulación harmonizada da campaña de promoción de Turismo de Galicia durante 2014 (2 lotes).

1. Entidade adxudicadora.

Organismo: Axencia Turismo de Galicia.

Dependencia que tramita o expediente: Xerencia da Axencia de Turismo de Galicia.

2. Obxecto do contrato.

Tipo de contrato: servizo.

Descrición do obxecto: servizo suxeito a regulación harmonizada da campaña de promoción de Turismo de Galicia 2014 (2 lotes).

Prazo de execución: trece meses (13).

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto.

Forma de adxudicación: adxudicación baseada en pluralidade de criterios.

4. Orzamento base de licitación.

Importe sen IVE: 3.719.008,26 €.

IVE (21 %): 780.991,74 €.

Importe total: 4.500.000,00 €.

5. Garantías.

Provisional: non se exixe.

Definitiva: 5 % do importe de adxudicación, IVE excluído.

6. Obtención de documentación e información.

O prego de cláusulas administrativas particulares e o prego de prescricións técnicas da obra poderán ser examinados na Área de Contratación da Axencia de Turismo de Galicia.

Poderanse obter os pregos relativos a esta contratación no seguinte enderezo da internet: http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=19664

Información de índole técnica: teléfono 981 54 62 25.

Información de índole administrativa: teléfono 981 54 74 99.

7. Requisitos específicos do contratista.

Exíxese clasificación no grupo T, subgrupo 1, categoría D.

Solvencia técnica específica: deberá xustificarse polos medios sinalados no punto 9 e 10 do cadro de características do prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación de ofertas.

Data límite de presentación: 18 de novembro de 2013.

Documentación que hai que presentar: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

Lugar de presentación de proposicións: efectuarase no rexistro da Axencia de Turismo de Galicia, praza de Mazarelos 15, 15703 Santiago de Compostela, en sobre pechados. Se as proposicións se cursan por correo haberá que atenerse ao previsto na cláusula 13.2 do prego de cláusulas administrativas particulares.

Criterios de adxudicación: a oferta máis vantaxosa tendo en conta os criterios que figuren no prego de cláusulas administrativas particulares.

Admisión de variantes: non se admiten.

9. Apertura das ofertas.

O acto público de apertura dos sobre B e C terá lugar na Sala de Xuntas da Axencia de Turismo de Galicia na data e na hora que será anunciada, con 3 días hábiles de antelación a súa realización, no perfil do contratante http://www.contratosdegalicia.es

10. Gastos do anuncio: por conta do adxudicatario.

O importe estimado máximo DOG por liña é 10,82 €.

Santiago de Compostela, 10 de outubro de 2013

P.A. (Artigo 19.6 do Decreto 196/2012; DOG nº 193, do 9 de outubro)
Mª Elena Barca Ramos
Xerente da Axencia de Turismo de Galicia