Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 209 Xoves, 31 de outubro de 2013 Páx. 42736

III. Outras disposicións

Axencia Galega de Innovación

RESOLUCIÓN do 18 de outubro de 2013 pola que se adxudican as axudas para a consolidación e a estruturación de unidades de investigación competitivas nos centros tecnolóxicos consolidados de Galicia convocadas pola Resolución do 18 de xullo de 2013 (Diario Oficial de Galicia número 155, do 14 de agosto).

Por Resolución da Axencia Galega de Innovación do 18 de xullo de 2013 (DOG do 14 de agosto) convocáronse as subvencións para a consolidación e a estruturación de unidades de investigación competitivas nos centros tecnolóxicos consolidados de Galicia.

No seu artigo 12 regúlase a resolución e notificación destas axudas unha vez que a comisión de valoración avalíe as solicitudes admitidas e emita un informe no cal se concrete o resultado da avaliación efectuada e a contía da axuda proposta, conforme os criterios establecidos no artigo 10.

Na súa virtude, e atendendo á proposta elaborada na sesión do 11 de outubro de 2013 pola comisión de valoración establecida no artigo 9 das bases da Resolución do 18 de xullo de 2013, esta axencia

RESOLVE:

1. Conceder as axudas para a consolidación e estruturación de unidades de investigación competitivas nos centros tecnolóxicos consolidados de Galicia que a continuación se relacionan polos importes que se indican:

Entidade solicitante

Acrónimo

NIF

Importe
da axuda (€)

Aplicación orzamentaria

Asociación de Investigación Metalúrxica do Noroeste-Centro Tecnolóxico Aimen

Aimen

G36606291

599.680,740

08.A3.561A.781.0

Asociación Nacional de Fabricantes de Conservas de Pescados e Mariscos-Centro Técnico Nacional de Conservación de Produtos da Pesca

Anfaco- Cecopesca

G36625309

330.395,690

08.A3.561A.781.0

Fundación para a Promoción da Innovación, Investigación e Desenvolvemento Tecnolóxico na Industria de Automoción de Galicia

Ctag

G36871424

687.323,090

08.A3.561A.781.0

Fundación Centro Tecnolóxico de Telecomunicacións de Galicia

Gradiant

G36997229

404.781,820

08.A3.561A.781.0

Fundación Instituto Tecnolóxico de Galicia

Itg

G15305923

317.818,660

08.A3.561A.781.0

2. O importe total das axudas concedidas é de dous millóns trescentos corenta mil euros (2.340.000,00), con cargo á aplicación orzamentaria que se recolle no seguinte cadro:

Aplicación orzamentaria

Importe

08.A3.561A.781.0

2.340.000,00

TOTAL

2.340.000,00

3. Estas axudas están financiadas con cargo ao préstamo que a Administración xeral do Estado concedeu á Xunta de Galicia a través do Ministerio de Economía e Industria para o desenvolvemento en Galicia da Estratexia española de innovación (actuacións 1, 7 e 8).

4. De conformidade co establecido no artigo 21 da resolución polo que se convocan as axudas, o 50 % do importe das axudas será librado con carácter de anticipo, unha vez publicada a resolución.

5. Para a xustificación da subvención deberá presentarse a documentación indicada no artigo 19 da resolución de convocatoria nos prazos establecidos no seu artigo 20.

6. Contra esta resolución, sen prexuízo de que os interesados poidan exercer calquera outro que consideren procedente, poderán interpoñer recurso de alzada no prazo dun mes desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, perante o presidente da Axencia Galega de Innovación, segundo o disposto nos artigos 114 e 115 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Disposición derradeira

Esta resolución entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 18 de outubro de 2013

Manuel Varela Rey
Director da Axencia Galega de Innovación