Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 208 Mércores, 30 de outubro de 2013 Páx. 42582

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

CÉDULA do 2 de outubro de 2013, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se notifica o acordo de inicio do expediente sancionador 2013345TA-PO, por infracción en materia sanitaria.

O 6 de setembro de 2013, a xefa territorial da Consellería de Sanidade de Pontevedra ditou o acordo de inicio do expediente sancionador número 2013345TA-PO incoado na Xefatura Territorial da Consellería de Sanidade de Pontevedra contra California Portas, S.L., con CIF B36910784 como titular do establecemento Cafetería Portas.

Intentada a notificación deste acordo segundo o disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula e, ao abeiro do disposto no número 5 do referido artigo, notifícaselle a California Portas, S.L. como titular do establecemento Cafetería Portas o contido da referida proposta que figura como anexo, para que poida ter coñecemento dela.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que o asiste, ao abeiro do disposto no número 1 do artigo 16 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, para presentar alegacións ante esta xefatura territorial no prazo de 15 días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación desta cédula, e lémbraselle o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias desta xefatura, sita en Pontevedra, no Edificio Administrativo da Xunta de Galicia, rúa Fernández Ladreda, nº 43, 1º andar, e obter, se é o caso, copia del, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Notifícaselle tamén que, de non efectuar alegacións sobre o contido do devandito acordo no citado prazo, a iniciación poderá ser considerada proposta de resolución cando conteña un pronunciamento preciso acerca da responsabilidade imputada, cos efectos previstos nos artigos 18 e 19 do citado regulamento.

Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación ao/á interesado/a, en cumprimento do disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Pontevedra, 2 de outubro de 2013

Ángeles Feijoo-Montenegro Fernández
Xefa territorial de Pontevedra

ANEXO

Número do expediente: 2013345TA-PO.

Denunciada: California Portas, S.L., con CIF B36910784 como titular do establecemento Cafetería Portas.

Último enderezo coñecido: rúa Alcalde Rey Daviña, nº 34, baixo, 36600 Vilagarcía de Arousa (Pontevedra).

Feito imputado: suposta infracción do previsto na Lei 28/2005, de medidas sanitarias fronte ao tabaquismo e reguladora da venda, a subministración, o consumo e a publicidade dos produtos do tabaco, modificada pola Lei 42/2010, do 30 de decembro.

Preceptos presuntamente infrinxidos:

Artigo 4. A venda e a subministración a través de máquinas expendedoras realizarase de acordo coas seguintes condicións:

c) Advertencia sanitaria: na superficie frontal das máquinas figurará, de forma clara e visible, en castelán e nas linguas cooficiais das comunidades autónomas, unha advertencia sanitaria sobre os prexuízos para a saúde derivados do uso do tabaco, especialmente para os menores.

d) Características: para garantir o uso correcto destas máquinas, deberán incorporar os mecanismos técnicos axeitados que permitan impedir o acceso aos menores de idade.

Tipificación: dúas infraccións administrativas, unha tipificada como leve no artigo 19.2.c) e outra como grave no artigo 19.3.n) da Lei 28/2005, do 26 de decembro, de medias sanitarias fronte ao tabaquismo e reguladora da venda, a subministración, o consumo e a publicidade dos produtos do tabaco, modificada pola Lei 42/2010, do 30 de decembro.

Sanción proposta: seiscentos setenta e seis euros (676 €).