Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 207 Martes, 29 de outubro de 2013 Páx. 42414

III. Outras disposicións

Escola Galega de Administración Pública

RESOLUCIÓN do 17 de outubro de 2013 pola que se convocan as xornadas sobre a incidencia da nova lexislación de costas e ordenación do litoral.

Dentro do plan de actividades da Escola Galega de Administración Pública para o ano 2013 e de acordo coas funcións atribuídas pola Lei 4/1987, do 27 de maio, de creación da escola, modificada pola Lei 10/1989, do 10 de xullo, convócanse, en colaboración co Colexio Territorial de Secretarios, Interventores e Tesoureiros de Administración Local de Pontevedra (Cosital Pontevedra) e coa Dirección Xeral de Administración Local, as xornadas sobre a incidencia da nova lexislación de costas e ordenación do litoral, conforme as seguintes bases:

1. Obxectivos.

A finalidade destas xornadas é, principalmente, analizar os aspectos máis relevantes e innovadores da normativa de costas e ordenación do litoral.

2. Contidos.

Serán tratados, entre outros, os seguintes temas:

– A Lei 2/2013, do 29 de maio, de protección e uso sustentable do litoral, aspectos máis destacados e innovadores da regulación.

– Ordenación urbanística e a lexislación de costas.

– O réxime xurídico do dominio público marítimo terrestre. O deslinde. Limitacións ao dereito de propiedade (servidumes).

– O réxime xurídico das autorizacións e concesións. A problemática dos chiringuitos e outros establecementos no dominio público marítimo-terrestre e na zona de servidume. Cámping.

– As competencias da Comunidade Autónoma en materia de costas: servidume de protección e delimitación dos núcleos. Réxime disciplinario.

– O Plan de ordenación do litoral de Galicia.

3. Destinatarios.

Persoal ao servizo das administracións públicas de Galicia.

4. Desenvolvemento.

Lugar: Edificio Administrativo da Xunta de Galicia, r/ Fernández Ladreda, 43, Pontevedra.

Datas: 7 e 8 de novembro de 2013.

Horario: 7 de novembro: tarde. 8 de novembro: mañá e tarde.

Duración: 12 horas lectivas.

5. Número de prazas.

Limitado pola capacidade do local.

6. Solicitudes.

As solicitudes irán dirixidas á directora da Escola Galega de Administración Pública (As Fontiñas, rúa Madrid, 2-4, 15707 Santiago de Compostela), segundo o modelo que figura como anexo a esta convocatoria, e serán presentadas no Rexistro Xeral da EGAP, ou ben de calquera das formas previstas no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. Serán admitidas inscricións por medio de fax enviado ao número 981 54 63 30 ou por correo electrónico dirixido a novas.egap@xunta.es

Os solicitantes deberán ingresar, como cota de inscrición, vinte euros (20 €) na conta bancaria do Colexio Territorial de Secretarios, Interventores e Tesoureiros de Administración Local de Pontevedra número 0182 6246 36 0201500211 e deberán achegar o xustificante de pagamento xunto coa instancia. As solicitudes que non acheguen este xustificante de pagamento serán excluídas.

Estarán exentos de pagamento, non obstante, os solicitantes colexiados do Colexio Territorial de Secretarios, Interventores e Tesoureiros de Administración Local de Pontevedra.

Inscricións fóra de prazo: só serán admitidas, de quedaren prazas libres, coa condición de que cumpran os requisitos xerais antes indicados.

As persoas solicitantes poderán obter a confirmación da súa admisión se chaman por teléfono, das 8.30 ás 14.30 horas, aos seguintes números: 981 54 62 41, 881 99 72 51.

7. Prazo.

O prazo de presentación de solicitudes finalizará o 5 de novembro de 2013.

8. Modificacións.

A EGAP reserva para si a facultade de interpretar e de resolver as incidencias que poidan xurdir no desenvolvemento destas xornadas, así como a facultade de cancelalas se o escaso número de solicitudes non xustificase a súa realización.

9. Certificado de asistencia.

Entregarase un certificado de asistencia, ao final das xornadas, a aquelas persoas inscritas que participasen asiduamente, e sempre que a súa asistencia sexa igual ou superior ao 90 % das horas lectivas programadas. Neste documento aparecerán de forma expresa a natureza da actividade e a data de realización.

Santiago de Compostela, 17 de outubro de 2013

Sonia Rodríguez-Campos González
Directora da Escola Galega de Administración Pública

missing image file