Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 207 Martes, 29 de outubro de 2013 Páx. 42439

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 2 de outubro de 2013, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se dispón a notificación da resolución do expediente sancionador por infracción en materia de espectáculos públicos PO-224/13 e dous máis.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, notifícanselle á persoa que a seguir se relaciona, a quen non se lle puido facer por correo certificado, as resolucións ditadas nos expedientes de multa por infracción en materia de espectáculos públicos; o seu número cítase no anexo.

Contra esta resolución poderán interpoñer os interesados recurso de alzada, perante o vicepresidente e conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa notificación.

Advírtase que, de non ser interposto este en tempo e forma, deberá aboar a multa imposta no período de pagamento voluntario sinalado no boletín de multas e que pode recoller nas dependencias da xefatura territorial da consellería, a favor do Tesouro da Facenda galega, na conta restrinxida que consta no dito boletín, en calquera das oficinas da entidade bancaria Novagalicia Banco, facendo constar o número de expediente sancionador. Transcorrido o dito prazo, procederase ao cobramento pola vía de constrinximento, de conformidade co establecido na disposición segunda da Orde da Consellería de Economía e Facenda do 23 de novembro de 2001 (DOG do 5 de decembro).

Pontevedra, 2 de outubro de 2013

Ramón Pereiro Santín
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Nome

DNI/NIF

Nº expte.

Precepto infrinxido

Último domicilio

Resolución

Mª José Martínez Fernández

77012391L

PO-224/13

Artigo 26.e) da Lei 1/1992, do 21 de febreiro

R/ Laxoso de Abaixo, nº 17

36820 Ponte Caldelas

Multa de 90 €

Mª José Martínez Fernández

77012391L

PO-225/13

Artigo 26.e) da Lei 1/1992, do 21 de febreiro

R/ Laxoso de Abaixo, nº 17

36820 Ponte Caldelas

Multa de 150 €

Mª José Martínez Fernández

77012391L

PO-226/13

Artigo 26.e) da Lei 1/1992, do 21 de febreiro

R/ Laxoso de Abaixo, nº 17

36820 Ponte Caldelas

Multa de 150 €