Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 207 Martes, 29 de outubro de 2013 Páx. 42483

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 4 de outubro de 2013, da Dirección Xeral de Recursos Económicos, pola que se anuncia a licitación, mediante procedemento aberto multicriterio, suxeito a regulación harmonizada e tramitación ordinaria, para a adquisición de ecógrafos no marco do eixe 6, tema prioritario 76 do programa operativo de Galicia Feder 2007–2013, cofinanciado nun 80 % pola Unión Europea, con destino a diversos hospitais da Comunidade Autónoma de Galicia AI-SER2-13-005 (4 lotes).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Servizo Galego de Saúde.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Recursos Económicos. Subdirección Xeral de Investimentos. Servizo de Montaxe e Equipamento.

c) Número do expediente: AI-SER2-13-005.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: subministración.

b) Descrición do obxecto: adquisición de ecógrafos.

c) División por lotes e número: catro (4) lotes.

d) Lugar de entrega da subministración: Complexo Hospitalario Universitario A Coruña, e Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela.

e) Prazo máximo de entrega: 45 días naturais desde o asinamento do contrato.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: adxudicación baseada na pluralidade de criterios.

4. Orzamento base de licitación:

Orzamento sen IVE: 284.242,42 €.

Orzamento con IVE: 312.666,66 €.

5. Garantías.

a) Garantía provisional: non se exixe.

b) Garantía definitiva: 5 % orzamento de adxudicación.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Consellería de Sanidade-Servizo Galego de Saúde. Dirección Xeral de Recursos Económicos. Subdirección Xeral de Investimentos. Servizo de Montaxe e Equipamento.

b) Domicilio: Edificio Administrativo San Lázaro, s/n, 2º andar.

c) Localidade e código postal: 15703 Santiago de Compostela.

d) Teléfonos: 881 54 73 87 / 881 54 27 68.

e) Telefax: 881 54 86 11.

f) Data límite de obtención de documentos e información: o último día do prazo de presentación de ofertas.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Solvencia económica e financeira: véxase o prego de cláusulas administrativas particulares.

b) Solvencia técnica: véxase o prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: antes das 14.00 horas do día 25.11.2013.

b) Documentación que cómpre presentar: véxase o prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: Rexistro Xeral da Consellería de Sanidade e Servizo Galego de Saúde; Edificio Administrativo San Lázaro, s/n, 15703 Santiago de Compostela.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous (2) meses contados desde a data de apertura das proposicións.

e) Admisión de variantes: non se admiten.

f) Admisión de ofertas conxuntas: si; unha.

9. Apertura das proposicións: a data, a hora e o lugar de celebración das mesas de apertura dos sobres B e C (acto público) publicaranse no perfil do contratante www.sergas.es

10. Outras informacións: a información relativa ao expediente farase pública na páxina web que se cita neste anuncio.

11. Gastos de anuncios: serán por conta do adxudicatario. O importe estimado máximo está indicado no prego de cláusulas administrativas particulares.

12. Data do envío do anuncio ao Diario Oficial de la Unión Europea: 9.10.2013.

13. Páxina web onde obter información relativa á convocatoria ou onde se poden obter os pregos: www.sergas.es

Santiago de Compostela, 4 de outubro de 2013

P.D. (Decreto 43/2013, Orde do 5.7.2012)
Pablo Torres Arrojo
Director xeral de Recursos Económicos