Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 206 Luns, 28 de outubro de 2013 Páx. 42364

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego de Promoción Económica

RESOLUCIÓN do 11 de outubro de 2013 pola que se lles comunica o inicio do procedemento de incumprimento total e, se é o caso, a resolución de retención do pagamento, a persoas titulares de expedientes.

Unha vez intentadas as notificacións persoais e devoltas polo servizo de Correos ao resultar imposible a súa práctica, de conformidade co establecido no artigo 59.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRX-PAC), mediante esta resolución ponse en coñecemento das persoas titulares dos expedientes relacionados no anexo a esta resolución que a Dirección Xeral do Igape acordou iniciar o procedemento de incumprimento total das condicións impostas nas resolucións de concesión das axudas outorgadas, co obxecto de determinar o alcance do incumprimento, que podería dar lugar á revogación das axudas concedidas, e suspender os pagamentos naqueles expedientes que xa tivesen presentada a solicitude de cobramento, ata que se diten as resolucións que poñan fin aos procedementos de incumprimento.

Os actos obxecto deste anuncio non se publican na súa integridade en virtude da cautela prevista no artigo 61 da LRX-PAC. Concédeselles aos titulares dos expedientes un prazo de quince días hábiles desde a publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia para presentar alegacións co fin de xustificar a non procedencia destes presuntos incumprimentos. Así mesmo, as resolucións de retención de pagamento esgotan a vía administrativa e, contra elas, os titulares dos expedientes nos cales se acordou esta suspensión poderán interpoñer recurso contencioso-administrativo ante os xulgados do contencioso-administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. Non obstante, previamente poderán interpoñer recurso de reposición ante a Dirección Xeral do Igape, dentro do prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución. Os expedientes póñense de manifesto para os interesados neste centro directivo, sito en Santiago de Compostela, Complexo Administrativo San Lázaro, s/n.

Santiago de Compostela, 11 de outubro de 2013

Javier Aguilera Navarro
Director xeral do Instituto Galego de Promoción Económica

ANEXO

Nº expediente

Nome/razón social

Programa de axudas

Data de resolución

Órgano que dita a resolución

Notificación

IG103.2007.2.83

Maderas Santarrita Carpintería General, S.L.

Axudas a proxectos de investimento tecnolóxico das pemes (Resolución do 9 de marzo de 2007, DOG núm. 59, do 23 de marzo, e Resolución do 5 de novembro de 2007, DOG núm. 220, do 14 de novembro)

27.6.2013

Dirección Xeral do Igape

Acordo de inicio de expediente de incumprimento total e resolución de retención de pagamentos

IG107.2008.1.113

Atiochan, S.L.

Axudas a proxectos empresariais de novos emprendedores (Resolución do 12 de marzo de 2008, DOG núm. 55, do 18 de marzo)

18.9.2013

Dirección Xeral do Igape

Acordo de inicio de expediente de incumprimento total e resolución de retención de pagamentos

IG110.2011.1.383

Creaciones Elen P.V., S.L.

Axudas á participación en eventos expositivos e promocionais internacionais realizados fóra de Galicia (Resolución do 31 de xaneiro de 2011, DOG núm. 22, do 2 de febreiro)

2.8.2013

Dirección Xeral do Igape

Acordo de inicio de expediente de incumprimento total e resolución de retención de pagamentos

IG158.2010.1.7

(Estructuras Envolventes, S.L. 60 %; Alumat Accesorios, S.L. 20 %; Arcoven Sistemas, S.L. 20 %)

Axudas á primeira implantación promocional conxunta no exterior-Plan Primex (Resolución do 6 de abril de 2010, DOG núm. 67, do 12 de abril)

31.7.2013

Dirección Xeral do Igape

Acordo de inicio de expediente de incumprimento total e resolución de retención de pagamentos

IG172.2011.1.221

Padel One Internacional, S.L.

Axudas para márketing, comunicación, imaxe e marca (Resolución do 31 de xaneiro de 2011, DOG núm. 22, do 2 de febreiro)

24.9.2013

Dirección Xeral do Igape

Acordo de inicio de expediente de incumprimento total e resolución de retención de pagamentos