Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 206 Luns, 28 de outubro de 2013 Páx. 42383

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Cortegada

ANUNCIO de información pública sobre parque de maquinaria de empresa construtora na estrada de Celanova (referencia catastral 32028A029000140000DU).

Solicitada a licenza de legalización da actividade de parque de maquinaria de empresa construtora na estrada de Celanova, s/n (Cortegada); referencia catastral: 32028A029000140000DU, sometida a avaliación de incidencia ambiental, por Construcciones y Almacenes Viso e Hijos, S.L., tramítase neste concello o expediente oportuno.

De acordo coa lexislación vixente sobre actividades molestas, insalubres, nocivas e perigosas, procédese a abrir o período de información pública durante un prazo de vinte días –tal e como establece o artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental– mediante anuncio no Diario Oficial de Galicia e no Boletín Oficial da provincia de Ourense para que, as persoas que estean afectadas dalgún modo pola dita actividade presenten as observacións que consideren pertinentes.

O expediente obxecto desta información pódese consultar nas oficinas municipais en horario de oficina.

Cortegada, 21 de outubro de 2013

Avelino Luis de Francisco Martínez
Alcalde