Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 206 Luns, 28 de outubro de 2013 Páx. 42384

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Cuntis

ANUNCIO de aprobación definitiva do Plan de sectorización da zona industrial da Ran.

Por medio deste anuncio, e ao abeiro do disposto no artigo 92.2 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, faise público que o Pleno do Concello de Cuntis, na sesión que tivo lugar o día 27 de setembro de 2013, aprobou definitivamente o documento do Plan de sectorización da zona industrial da Ran, promovido por Xestur Pontevedra.

Con data do 16 de outubro de 2013, remitiuse á Secretaría Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas da Xunta de Galicia copia autenticada de dous exemplares do instrumento aprobado definitivamente con todos os planos e documentos que integran o plan sobre os cales recaeu o acordo de aprobación definitiva, coa dilixencia da Secretaría do concello.

O plan de sectorización definitivamente aprobado non entrará en vigor ata a publicación íntegra da normativa e ordenanzas no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra, segundo dispón o artigo 70.2 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, e transcorrido o prazo de quince días sinalado no artigo 65.2 da citada lei.

Contra o acordo de aprobación definitiva, que pon fin á vía administrativa, pódese interpoñer recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. Todo isto sen prexuízo de calquera outro recurso ou acción que se consideren oportunos.

Cuntis, 16 de outubro de 2013

Antonio Pena Abal
Alcalde