Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 206 Luns, 28 de outubro de 2013 Páx. 42357

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Tributaria de Galicia

ANUNCIO do 16 de outubro de 2013, da Zona de Recadación da Coruña, polo que se informa sobre a realización da poxa pública de varios bens.

De conformidade co Acordo da Axencia Tributaria de Galicia do 10 de outubro de 2013, infórmase que o día 21.11.2013, ás 10.00 horas no salón de actos da Xefatura Territorial da Consellería de Facenda da Coruña (sita na praza de Pontevedra, 22) terá lugar a poxa pública dos bens/dereitos que se describen a seguir:

Lote

Descripción do ben

Valor

Cargas

Tipo 1

Tramo

27

Corenta e un cadros identificados cos seguintes números de orde:

C-4, 7, 8, 12, 14, 15, 16, 18, 24, 25, 26, 28, 29, 30, 31, 32, 34, 35, 36, 38, 39, 41, 42, 43, 56, 56 bis, 59, 61, 62, 63, 64, 69, 70, 71, 72, 73, 76, 77 e 81 que teñen asignado polo propio debedor un valor en conxunto de 876.000 euros de conformidade coa listaxe achegada ao expediente, propiedade da Fundación Torre Pujales, segundo o disposto na escritura de constitución da Fundación outorgada o 4 de outubro de 2006 diante do notario de Negreira Manuel María Romero Neira.

89.200

0,00

89.200

100,00

28

Seis cadros identificados cos números de orde C-2, C-3, C-5, C-6, C-10 e C-11 que teñen asignado polo propio debedor un valor en conxunto de 151.000 euros de conformidade coa listaxe achegada ao expediente, propiedade da Fundación Torre Pujales, segundo o disposto na escritura de constitución da Fundación outorgada o 4 de outubro de 2006 diante do notario de Negreira Manuel María Romero Neira.

20.000

0,00

20.000

100,00

De conformidade co disposto no artigo 101 do Real decreto 939/2005, do 29 de xullo, polo que se aproba o Regulamento xeral de recadación, faise constar que:

a) Están ao dispor dos interesados, na Zona de Recadación da Coruña, onde poden ser examinados ata o día anterior ao da poxa, os expedientes de constrinximento en que constan os títulos de propiedade dos bens ou dereitos poxados e o estado das súas cargas e gravames, cos cales se haberá de se conformar, sen ter dereito a exixir outros.

b) Cando se trate de bens ou dereitos inscritibles nos rexistros públicos, os licitadores non terán dereito a exixir outros títulos de propiedade que os achegados no expediente; que de non estaren inscritos os bens ou dereitos no rexistro, o documento público de venda é título mediante o cal se pode efectuar a inmatriculación nos termos previstos na lexislación hipotecaria, e que, nos demais casos en que sexa preciso, deberán proceder, se lles interesa, como dispón o título VI da Lei hipotecaria para levar a cabo a concordancia entre o rexistro e a realidade xurídica.

c) As cargas e gravames que subsistisen ao crédito dos executantes continuarán subsistindo, entendéndose que o rematante os acepta e queda subrogado nas súas responsabilidades, sen destinarse á súa extinción o prezo do remate.

d) No tipo da poxa non se inclúen os impostos indirectos que graven a transmisión dos ditos bens ou dereitos.

e) A obriga de constituír ante a mesa de poxa con anterioridade á súa realización un depósito do 20 % do tipo de poxa. De forma motivada poderá reducirse este depósito ata un mínimo do 10 %. Se os adxudicatarios non satisfán o prezo do remate, o dito depósito aplicarase á cancelación da débeda, sen prexuízo das responsabilidades en que poidan incorrer polos prexuízos que orixine a falta de pagamento do prezo do remate. O depósito deberá constituírse mediante cheque que cumpra os requisitos establecidos no artigo 35.1 do Regulamento xeral de recadación ou por calquera medio que se habilite para o efecto.

f) A poxa suspenderase en calquera momento anterior á adxudicación de bens ou dereitos se se fai o pagamento da contía establecida no artigo 169.1 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria.

g) O adxudicatario entregará no acto da adxudicación ou dentro dos 15 días seguintes a diferenza entre o depósito constituído e o prezo da adxudicación.

h) Admitiranse ofertas en sobre pechado. Nese caso, a mesa de poxa substituirá os licitadores e poxará por eles na forma prevista para o efecto.

i) Despois de ter lugar a primera licitación, a mesa poderá acordar a realización dunha segunda licitación, logo da deliberación da súa conveniencia. Neste caso admitiranse poxas que cubran o novo tipo, que será o 75 % do tipo de poxa en primeira licitación.

j) De conformidade co disposto no artigo 107 do Regulamento xeral de recadación, se quedan bens sen adxudicar iniciarase o trámite de adxudicación directa por prazo de seis meses, e poderanse presentar ofertas en sobre pechado a partir dese momento á mesa de poxa.

A mesa de poxa abrirá as ofertas presentadas ao remate do prazo do mes seguinte ao do seu inicio, e poderá proceder á adxudicación dos bens se algunha delas se considera suficiente nese momento. No caso contrario, anunciarase a extensión dun mes máis para a presentación de novas ofertas ou mellora das existentes, sen prexuízo da validez das ofertas presentadas ata ese momento; e así sucesivamente co límite total de seis meses.

A Coruña, 16 de outubro de 2013

Julián Benavides Delgado
Recadador de zona da Coruña