Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 206 Luns, 28 de outubro de 2013 Páx. 42263

III. Outras disposicións

Axencia Galega de Innovación

RESOLUCIÓN do 17 de outubro de 2013 pola que se amplía o prazo de presentación da documentación xustificativa establecido na Resolución do 11 de xullo de 2013 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións para investimentos innovadores para o crecemento empresarial no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia (Programa I2C INN), cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder), no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013, e se procede á súa convocatoria para o ano 2013 (código de procedemento IN848A).

O día 22 de xullo de 2013 publicouse no Diario Oficial de Galicia a Resolución do 11 de xullo de 2013 pola que se establecen as bases para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións para investimentos innovadores para o crecemento empresarial no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia (código de procedemento IN848A).

No artigo 19.1º das bases reguladoras da Resolución do 11 de xullo de 2013 establécese que os beneficiarios terán ata o 31 de outubro de 2013 para presentar a documentación xustificativa da subvención. Tendo en conta que o elevado número de solicitudes presentadas motivou un dilatado proceso de avaliación dos proxectos e resolución dos respectivos expedientes e co fin garantir a maior eficacia posible das referidas subvencións, dado que non se causa prexuízo a terceiros, considérase necesario ampliar o prazo de xustificación.

De acordo co anterior, vista a Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e o Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o seu regulamento,

DISPOÑO:

Artigo único

Amplíase ata o día 30 de decembro de 2013 (inclusive) o prazo para a execución e xustificación dos investimentos que foron obxecto de subvención, ao abeiro da Resolución do 11 de xullo de 2013 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións para investimentos innovadores para o crecemento empresarial no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia (código de procedemento IN848A).

Santiago de Compostela, 17 de outubro de 2013

Manuel Antonio Varela Rey
Director da Axencia Galega de Innovación