Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 206 Luns, 28 de outubro de 2013 Páx. 42265

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

ORDE do 30 de setembro de 2013 pola que se resolve a convocatoria para a provisión, polo sistema de libre designación, de dous postos de traballo vacantes no Instituto Galego da Vivenda e Solo anunciados pola Orde do 11 de marzo de 2013.

Convocada a provisión, polo sistema de libre designación, de dous postos de traballo vacantes no Instituto Galego da Vivenda e Solo pola Orde do 11 de marzo de 2013 (DOG nº 72, do 15 de abril), de conformidade co establecido no artigo 29.2º e 30 do Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei da función pública de Galicia; artigo 21 da Lei 15/2010, do 28 de decembro, de medidas fiscais e administrativas; artigo 16 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna, e no uso das atribucións conferidas polo artigo 17.4º do referido decreto lexislativo,

RESOLVO:

Primeiro. Declarar deserto o seguinte posto de traballo:

Denominación: Xefatura Área Provincial.

Código do posto: MA.S99.10.000.32001.001.

Centro directivo: Instituto Galego da Vivenda e Solo.

Localidade: Ourense.

Segundo. Adxudicar destino no posto de traballo que se indica e seleccionar a persoa que se relaciona no anexo.

Terceiro. O cesamento no destino actual da persoa que obteña praza producirase no prazo de tres días contados a partir do seguinte ao da data de publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

O prazo para a toma de posesión do novo destino será de tres días a partir do seguinte ao do cesamento, de tratarse da mesma localidade onde actualmente esta persoa preste os seus servizos, ou dun mes se radica en distinta localidade, de conformidade co establecido no artigo 14 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, e co disposto na base sétima da convocatoria.

O cómputo dos prazos da toma de posesión iniciarase cando finalicen os permisos ou licenzas que, de ser o caso, fosen concedidos á persoa interesada. Nos supostos de baixa por incapacidade temporal iniciarase a partir da correspondente alta.

Cuarto. A xefatura do centro en que cause baixa a persoa, así como daquel en que obteña praza, consignará no título administrativo dentro do prazo sinalado no punto anterior, a correspondente dilixencia de cesamento e toma de posesión.

Quinto. Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, a persoa interesada poderá interpoñer recurso postestativo de reposición ante o conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, na súa nova redacción dada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou poderá interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo ante o xulgado do contencioso-administrativo competente no prazo de dous meses contados a partir da mesma data, de acordo co establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 30 de setembro de 2013

Agustín Hernández Fernández de Rojas
Conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

ANEXO

Nome e apelidos: Mª Ángeles Mosqueira Vidal.

NRP: 3280199302 A2061.

Subgrupo: A1.

Corpo/escala: especial (facultativo superior-escala arquitectos).

Denominación do posto: Xefatura de Servizo Técnico.

Nivel: 28.

Código do posto: MA.S99.10.000.32001.070.

Complemento específico: 12.518,28 euros.

Centro directivo: Instituto Galego da Vivenda e Solo.

Localidade: Ourense.

Adscrición administracións públicas: A11 (adscrición indistinta a funcionarios da Xunta de Galicia, Estado e CC.AA.).

Titulación académica: 2001 (arquitecto).

Formación específica: 640 (para persoal doutra Administración, curso de perfeccionamento de galego).