Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 205 Venres, 25 de outubro de 2013 Páx. 42142

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

RESOLUCIÓN do 16 de outubro de 2013 pola que se conceden as axudas da Orde do 5 de xullo de 2013 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para a consolidación e estruturación de unidades de investigación competitivas do Sistema universitario de Galicia, potencialmente cofinanciada polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) no marco do Programa operativo de Galicia 2007-2013, e se procede á súa convocatoria para o exercicio 2013.

A Orde do 5 de xullo de 2013 (DOG do 15 de xullo) estableceu as bases e convocou, en réxime de concorrencia competitiva, as axudas para a consolidación e estruturación de unidades de investigación competitivas do Sistema universitario de Galicia para 2013, potencialmente cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) no marco do Programa operativo de Galicia 2007-2013.

Rematada a tramitación establecida na convocatoria, de acordo co establecido no artigo 6 da orde de convocatoria, e atendendo ao informe-proposta elevado pola Comisión de Selección a través da Secretaría Xeral de Universidades, esta consellería

RESOLVE:

Primeiro. Concederlles ás universidades do Sistema universitario de Galicia as axudas que a seguir se relacionan (con indicación do investigador destinatario) para a consolidación e a estruturación de unidades de investigación competitivas do Sistema universitario de Galicia para o ano 2013, en réxime de concorrencia competitiva, e na contía que se indica en cada caso.

Modalidade de grupos de referencia competitiva:

Nº expte.

Solicitante

Universidade

2013

2014

2015

2016

GRC2013-011

Benlliure Anaya, José

USC

56.000

80.000

80.000

80.000

GRC2013-014

Bermúdez de Castro López-Varela, Alfredo

USC

56.000

80.000

80.000

80.000

GRC2013-016

Botana López, Luis Miguel

USC

70.000

100.000

100.000

100.000

GRC2013-046

Brea López, Mª Mercedes

USC

35.000

50.000

50.000

50.000

GRC2013-018

Caride Gómez, Antonio

USC

35.000

50.000

50.000

50.000

GRC2013-019

Carracedo Álvarez, Ángel María

USC

70.000

100.000

100.000

100.000

GRC2013-061

Castro Beiras, Alfonso

UDC

35.000

50.000

50.000

50.000

GRC2013-020

Cela Torrijos, Rafael

USC

35.000

50.000

50.000

50.000

GRC2013-029

Diéguez González, Carlos

USC

70.000

100.000

100.000

100.000

GRC2013-055

Doallo Biempica, Ramón

UDC

56.000

80.000

80.000

80.000

GRC2013-050

Duro Fernández, Richard

UDC

70.000

100.000

100.000

100.000

GRC2013-034

Fernández Prieto, Lourenzo

USC

35.000

50.000

50.000

50.000

GRC2013-059

Freire Seoane, Mª Jesús

UDC

35.000

50.000

50.000

50.000

GRC2013-045

García Río, Eduardo

USC

35.000

50.000

50.000

50.000

GRC2013-001

Gómez Gesteira, Ramón

Uvigo

35.000

50.000

50.000

50.000

GRC2013-008

González Fernández, Pío Manuel

Uvigo

35.000

50.000

50.000

50.000

GRC2013-035

González Manteiga, Wenceslao

USC

49.000

70.000

70.000

70.000

GRC2013-056

Hernández Ibáñez, Santiago

UDC

49.000

70.000

70.000

70.000

GRC2013-032

Lema Rodicio, Juan Manuel

USC

70.000

100.000

100.000

100.000

GRC2013-006

Llamas Nistal, Martín

Uvigo

70.000

100.000

100.000

100.000

GRC2013-044

López Quintela, Manuel Arturo

USC

70.000

100.000

100.000

100.000

GRC2013-041

Mascareñas Cid, José Luis

USC

70.000

100.000

100.000

100.000

GRC2013-024

Miramontes Anta, José Luis

USC

70.000

100.000

100.000

100.000

GRC2013-036

Monterroso Montero, Juan Manuel

USC

35.000

50.000

50.000

50.000

GRC2013-004

Olabarría Uzquiano, Celia

Uvigo

49.000

70.000

70.000

70.000

GRC2013-009

Pérez González, Fernando

Uvigo

70.000

100.000

100.000

100.000

GRC2013-047

Prada Rodríguez, Darío

UDC

70.000

100.000

100.000

100.000

GRC2013-053

Rodríguez Brisaboa, Mª Nieves

UDC

70.000

100.000

100.000

100.000

GRC2013-007

Rodríguez de Lera, Ángel

Uvigo

49.000

70.000

70.000

70.000

GRC2013-003

Sanromán Braga, Mª Ángeles

Uvigo

49.000

70.000

70.000

70.000

GRC2013-042

Santos Rego, Miguel Anxo

USC

35.000

50.000

50.000

50.000

GRC2013-040

Sousa Fernández, Xulio César

USC

49.000

70.000

70.000

70.000

GRC2013-054

Tato Fontaíña, Laura

UDC

35.000

50.000

50.000

50.000

GRC2013-043

Torres López, Mª Dolores Ramona

USC

70.000

100.000

100.000

100.000

Modalidade de grupos con potencial de crecemento:

Nº expte.

Solicitante

Universidade

2013

2014

2015

GPC2013-045

Antelo Suárez, Manel

USC

17.500

35.000

17.500

GPC2013-070

Barreiro García, Álvaro

UDC

17.500

35.000

17.500

GPC2013-002

Bonorino Ramírez, Pablo Raúl

Uvigo

17.500

35.000

17.500

GPC2013-011

Caballero Rúa, Armando

Uvigo

17.500

35.000

17.500

GPC2013-040

Cabello Ferrer, Diego

USC

17.500

35.000

17.500

GPC2013-022

Cadarso Suárez, Carmen María

USC

17.500

35.000

17.500

GPC2013-056

Cuadrado Aranda, Francisco Javier

UDC

17.500

35.000

17.500

GPC2013-049

Dubert García, Isidro

USC

17.500

35.000

17.500

GPC2013-013

Fernández Suárez, Emilio Manuel

Uvigo

17.500

35.000

17.500

GPC2013-043

Gallego del Hoyo, Javier

USC

17.500

35.000

17.500

GPC2013-061

García Mira, Ricardo

UDC

17.500

35.000

17.500

GPC2013-005

González Fernández, Mª África

Uvigo

17.500

35.000

17.500

GPC2013-051

González Juanatey, José Ramón

USC

17.500

35.000

17.500

GPC2013-065

González Penedo, Manuel Francisco

UDC

17.500

35.000

17.500

GPC2013-044

González Villa, Tomás

USC

17.500

35.000

17.500

GPC2013-048

Grandío Seoane, Emilio Francisco

USC

17.500

35.000

17.500

GPC2013-039

Granja Guillán, Juan Ramón

USC

17.500

35.000

17.500

GPC2013-019

Guitián Rivera, Francisco

USC

17.500

35.000

17.500

GPC2013-027

Iglesias Feijóo, Luis

USC

17.500

35.000

17.500

GPC2013-072

Iglesias Vázquez, Emma Mª

UDC

17.500

35.000

17.500

GPC2013-059

Martínez Abella, Fernando

UDC

17.500

35.000

17.500

GPC2013-058

Pásaro Méndez, Eduardo

UDC

17.500

35.000

17.500

GPC2013-006

Pastoriza Santos, Mª Isabel

Uvigo

17.500

35.000

17.500

GPC2013-052

Rodríguez Prieto, Mª Flor

USC

17.500

35.000

17.500

GPC2013-017

Sabucedo Cameselle, José Manuel

USC

17.500

35.000

17.500

GPC2013-071

Yáñez Casal, Armando José

UDC

17.500

35.000

17.500

GPC2013-032

Zalvide Torrente, Juan Bautista

USC

17.500

35.000

17.500

Segundo. As solicitudes non incluídas na resolución de concesión entenderanse denegadas ou rexeitadas.

Terceiro. En todas as modalidades de axuda a subvención será librada a través da universidade á cal pertenza o destinatario, de acordo coa normativa vixente.

De acordo co establecido no artigo 3.11 da orde reguladora, admitiranse gastos e pagamentos realizados desde o 1 de xaneiro de 2013 para a xustificación da primeira anualidade.

As axudas para grupos de referencia competitiva terán coma data límite de finalización o 30 de novembro de 2016, polo que se admitirán gastos e pagamentos ata esa data.

As axudas para grupos con potencial de crecemento terán como data límite de duración o 30 de novembro de 2015, data ata a cal se admitirán gastos e pagamentos.

Para poder proceder ao libramento dos fondos será preciso que a universidade correspondente expida, na data límite do 30 de novembro do exercicio correspondente á anualidade de que se trate, a certificación que exprese a realización do gasto e do pagamento acompañada dunha memoria explicativa do logro dos obxectivos de consolidación e estruturación do grupo.

De acordo co establecido no artigo 31.7 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e de conformidade co establecido no artigo 11.e) do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o regulamento da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia, a obriga de presentar a certificación do cumprimento de obrigas coa Administración pública da comunidade autónoma, coa Administración do Estado e coa Seguridade Social será substituída por unha declaración responsable de cada universidade de estar ao día no cumprimento das obrigas tributarias, ou fronte á Seguridade Social, e de non ter pendente de pagamento ningunha outra débeda coa Administración.

Ademais, no caso de que nalgunha anualidade as axudas teñan cofinanciamento do Feder, a universidade correspondente deberá presentar nesa mesma data límite os documentos xustificativos dos gastos e dos pagamentos, ou un informe de auditoría de acordo co establecido no artigo 60 do Regulamento 1083/2006 (CE), asinado por un auditor do Rexistro Oficial de Auditores de Contas. Este informe deberá certificar tanto a regularidade da solicitude do beneficiario como describir o labor desenvolvido e os resultados.

Así mesmo, no suposto de que haxa cofinanciamento do Feder, tamén deberá achegarse unha relación das publicacións, dos actos e das reunións en que se fixese publicidade do dito cofinanciamento.

En cumprimento da normativa relativa ao Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, as universidades deberán manter unha separación contable adecuada para os gastos relacionados coa axuda que facilite a «pista de auditoría». Ademais, deberán conservar a documentación por un período de tres anos a partir do peche do programa operativo, tal como se define no artigo 89.3 do Regulamento 1083/2006, do Consello. Os gastos deberán xustificarse con facturas ou documentos contables de valor probatorio equivalente e os pagamentos cos xustificantes das transferencias bancarias ou documentos acreditativos dos pagamentos realizados.

Segundo o establecido no artigo 45.2 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, transcorrido o prazo establecido de xustificación sen se ter presentado perante o órgano administrativo competente, este requirirá o beneficiario para que no prazo improrrogable de dez días a presente. A falta de presentación da xustificación comportará a perda do dereito ao cobramento parcial ou total da subvención, a exixencia do reintegro e demais responsabilidades establecidas na Lei de subvencións de Galicia.

Para efectuar o último pagamento, o beneficiario presentará unha declaración complementaria do conxunto das axudas solicitadas, tanto das aprobadas ou concedidas como das pendentes de resolución, para o mesmo proxecto das distintas administracións públicas competentes ou dos seus organismos, entes ou sociedades.

Cuarto. O incumprimento por parte dos beneficiarios de calquera das bases establecidas na orde da convocatoria suporá a perda do dereito a percibir a axuda correspondente.

Quinto. No caso de que os pagamentos das anualidades teñan cofinanciamento do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) 2007-2013, os beneficiarios das axudas deberán cumprir os requisitos de publicidade que establece o artigo 8 do Regulamento 1828/2006, do 8 de decembro; cumprir tamén o establecido no Regulamento 1083/2006, polo que se que establecen as disposicións xerais relativas ao Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, ao Fondo Social Europeo e ao Fondo de Cohesión, e no Regulamento 1080/2006, relativo ao Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, así como cumprir os requisitos de xustificación que estableza esa mesma normativa.

Sexto. Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, os interesados poderán interpoñer recurso potestativo de reposición ante o conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, no prazo dun mes a partir do día seguinte ao da publicación da resolución no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade cos artigos 19 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa.

Disposición derradeira

Esta resolución entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 16 de outubro de 2013

Jesús Vázquez Abad
Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria