Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 205 Venres, 25 de outubro de 2013 Páx. 42188

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

ANUNCIO do 1 de outubro de 2013, da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, no que se fai pública a decisión do 30 de setembro de 2013 de non someter a modificación puntual do Plan xeral de ordenación municipal como consecuencia dunha sentenza xudicial que afecta unha parcela sita no lugar da Insua, do concello de Teo, ao procedemento de avaliación ambiental estratéxica.

Faise pública a decisión de non someter a modificación puntual do Plan xeral de ordenación municipal como consecuencia dunha sentenza xudicial que afecta unha parcela sita no lugar da Insua, do concello de Teo, ao procedemento de avaliación ambiental estratéxica previsto na Lei 9/2006, do 28 de abril, sobre avaliación dos efectos de determinados plans e programas no ambiente, en cumprimento do disposto no artigo 4 da dita lei.

Esta decisión pódese consultar no seguinte enderezo da internet:

http://www.cmati.xunta.es/busca-por-palabra-clave, introducindo o código 1576/2013.

Santiago de Compostela, 1 de outubro de 2013

Justo de Benito Basanta
Secretario xeral de Calidade e Avaliación Ambiental