Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 205 Venres, 25 de outubro de 2013 Páx. 42151

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

CORRECCIÓN de erros. Resolución do 21 de outubro de 2013 pola que se regula o período de prácticas dos aspirantes que superaron a fase de oposición do proceso selectivo para o ingreso no corpo de xestión da Administración da Xunta de Galicia, subgrupo A2, escala técnica de finanzas, convocado pola Orde do 25 de maio de 2012.

Advertido erro na resolución antes citada, publicada no Diario Oficial de Galicia número 203, do 23 de outubro de 2013, cómpre facer a seguinte corrección:

Na páxina 41804, no punto terceiro, onde di: «... e da xefa da Área de Colaboración Social, Información e Asistencia da Axencia Tributaria de Galicia.»; debe dicir: «... e da xefa do Departamento de Colaboración Social e Administrativa da Axencia Tributaria de Galicia.».