Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 205 Venres, 25 de outubro de 2013 Páx. 42152

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 15 de outubro de 2013, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se emprazan os interesados no recurso contencioso-administrativo P.O. 187/2013 interposto por Rebeca Rodríguez Carral.

A Dirección Xeral da Función Pública recibiu da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia providencia pola que se admite a trámite o recurso contencioso-administrativo P.O. 187/2013, interposto por Rebeca Rodríguez Carral contra a Resolución da conselleira de Facenda, do 13 de maio de 2013, pola que se desestima o recurso de alzada formulado contra a Resolución do 28 de xaneiro de 2013, do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior da Xunta de Galicia, subgrupo A1, escala de enxeñeiros de camiños, canles e portos, polas quendas de acceso libre e de promoción interna, nomeado pola Orde do 17 de novembro de 2011, modificada pola Orde do 12 de decembro de 2011, pola que se fan públicas as puntuacións obtidas polos/as aspirantes presentados/as ao terceiro exercicio da fase de oposición, polas quendas de acceso libre e promoción interna.

En consecuencia, esta dirección xeral acordou nesta data, e de conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, a remisión do correspondente expediente administrativo á referida sala, o que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan comparecer como parte nos autos na Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de 9 (nove) días, contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 15 de outubro de 2013

José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública