Con data do 26 de setembro de 2013, o director xeral da Función Pública ditou resolución no que atinxe ao recurso de reposición formulado por Enrique Diego Fernández Pérez contra a Resolución da Consellería de Facenda do 26 de xullo de 2013, pola que se ordena a publicación do Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 24 de xullo de 2013 polo que se aproba a relación de postos de traballo da Consellería do Medio Rural e do Mar.
Logo de tentada dúas veces a notificación da citada resolución a través do servizo de Correos no domicilio indicado polo interesado para os efectos de notificacións, esta non se puido practicar, e foi devolta polo dito servizo por non retirado tras os dous intentos en que consta ausente na repartición.
Polo exposto, esta dirección xeral, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, en virtude deste anuncio, notifícaselle a Enrique Diego Fernández Pérez a resolución antes referida.
O interesado pode recoller a respectiva resolución mediante comparecencia nas dependencias da Subdirección Xeral de Réxime Xurídico e Relacións Laborais da Dirección Xeral da Función Pública (Edificio Administrativo San Caetano, s/n, 1, 3º, Santiago de Compostela), no prazo de dez días contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.
Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da súa comparecencia para recoller a resolución, ou ao do transcurso do prazo previsto no parágrafo anterior sen que o interesado compareza, perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, conforme os artigos 8.2 e 10 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa (BOE nº 167, do 14 de xullo).
Santiago de Compostela, 14 de outubro de 2013
José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública