Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 204 Xoves, 24 de outubro de 2013 Páx. 42088

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

RESOLUCIÓN do 16 de outubro de 2013, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se emprazan os interesados no recurso contencioso-administrativo P.O. 204/2013.

Nesta xefatura territorial recibiuse escrito do Xulgado do Contencioso-Administrativo número 1 de Ourense, en relación co recurso contencioso-administrativo P.O. 204/2013, interposto pola Comunidade de Montes de Covatos, Veiga de Celeirón e A Parrocha (Maceda-Ourense) contra a desestimación da solicitude de deslindamento e amolloamento administrativo oficial do dito monte pola Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural e do Mar de Ourense.

En consecuencia, esta xefatura territorial acordou nesta data, e de conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, a remisión do correspondente expediente administrativo á referida sala, o que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan comparecer como parte nos autos seguidos no Xulgado do Contencioso-Administrativo número 1 de Ourense no prazo de nove (9) días, contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Ourense, 16 de outubro de 2013

Yago Borrajo Sánchez
Xefe territorial de Ourense