De conformidade co disposto no artigo 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, despois de intentada a notificación persoal dúas veces, emprázanse os interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia.
O acto foi adoptado polo xefe territorial.
A comparecencia deberase efectuar no prazo de dez días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede do Servizo Xurídico-Administrativo da Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural e do Mar, sita na rúa Fernández Ladreda, Edificio Administrativo, 2º andar (Pontevedra), das 9.00 horas ás 14.00 horas, de luns a venres.
Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte.
Pontevedra, 1 de outubro de 2013
Miguel Ángel Pérez Dubois
Xefe territorial de Pontevedra
ANEXO
Expediente: INC-PO-0123/2013-VNA.
Denunciado: Carlos Gestoso Estraviz.
Acto de notificación: proposta de resolución.
Expediente: INC-PO-0125/2013-VNA.
Denunciado: Gabriel Fernández Martínez.
Acto de notificación: proposta de resolución.
Expediente: INC-PO-0137/2013-BIO.
Denunciado: Javier Antonio Palmeiro González.
Acto de notificación: proposta de resolución.
Expediente: MON-PO-0061/2013-CSA.
Denunciado: José Fernández Tellado.
Acto de notificación: acordo de incoación.