Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 204 Xoves, 24 de outubro de 2013 Páx. 42082

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 16 de setembro de 2013, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa dunha instalación eléctrica no concello de Santa Comba (expediente IN407A 149/2013).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE núm. 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE núm. 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición da autorización administrativa da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Electra de Santa Comba, S.L.

Domicilio social: rúa Miraflores, 20, baixo, 15840 Santa Comba.

Denominación: LMT Fontecorredoira.

Situación: Santa Comba.

Características técnicas: liña eléctrica de media tensión soterrada a 20 kV, cunha lonxitude de 0,890 km, con orixe no CT Portocarreiro II (expediente IN407A 91/2013), en condutor RHZ1-2OL 12/20 kV 3×(1×240) Al e remate no novo apoio C/16-3000 que se vai executar na LMT Pedreiras 20 kV (expediente 31.809), onde se proxecta un Pa/s.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, sita no Edificio Administrativo de Monelos, rúa Vicente Ferrer, 2, 2º andar, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir da última publicación.

A Coruña, 16 de setembro de 2013

Susana Vázquez Romero
Xefa territorial da Coruña