Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 204 Xoves, 24 de outubro de 2013 Páx. 42083

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

EDICTO do 11 de outubro de 2013, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se notifica o trámite de audiencia dun expediente de reclamación de auga.

Notifícase, de conformidade co establecido no artigo 59.4 e 112.2 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, a Marcos Alonso Paz e a Alejandro-Félix Figueroa Martínez a interposición de recurso de alzada por parte da concesionaria Aquagest, S.A. contra a resolución dictada por esta xefatura territorial o 22 de xullo de 2013 (R.A. 9/2012).

Os interesados dispoñen dun prazo de quince días para opoñerse ao dito recurso, podendo tomar vista do expediente na xefatura territorial, sita na rúa Curros Enríquez, nº 1-5º andar, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Ourense, 11 de outubro de 2013

P.S.L. (Decreto 110/2013, do 4 de xullo)
Alfonso T. Paz Doniz
Xefe do Servizo de A. Industrial