Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 203 Mércores, 23 de outubro de 2013 Páx. 41810

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (850/2011).

M. Asunción Barrio Calle, secretaria xudicial da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación número 850/2011 desta sección, seguido por instancia de Manuel Gago Caeiro contra a empresa Alfonso García López, S.A. (Conservas Pescamar), Conservas Dalcaue, S.A. e Fondo de Garantía Salarial, sobre reclamación de cantidade, se ditou resolución coa seguinte parte dispositiva:

«Resolvemos:

Desestimamos o recurso de suplicación interposto polo letrado Emilio Carrajo Lorenzo, en nome e representación de Alfonso García López, S.A. contra a Sentenza do 17 de novembro de 2010, ditada polo Xulgado do Social número 3 de Pontevedra, no procedemento 1028/2009 sobre reclamación de cantidade, promovido por instancia de Manuel Gago Caeiro, confirmando integramente e en todos os pronunciamentos a expresada resolución.

Déase o destino legal aos depósitos e consignacións. Condénase a recorrente ao aboamento de 600 euros en concepto de honorarios de letrado da parte impugnante.

Notifíquese esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia e fágaselles saber que contra ela só cabe recurso de casación para a unificación de doutrina, que se preparará por escrito ante esta sala do social dentro dos dez días seguintes ao da notificación desta sentenza e de acordo co disposto na Lei da xurisdición social.

Se a recorrente non está exenta de depósito e consignación para recorrer, deberá ingresar:

– A cantidade obxecto de condena na c/c desta sala nº 1552 0000 80 (nº recurso) (dúas últimas cifras do ano).

– O depósito de 600 euros na c/c desta sala nº 1552 0000 37 (nº recurso) (dúas últimas cifras do ano).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia na peza que se arquivará neste tribunal, e lévese o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia.

Así, por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

E para que lle sirva de notificación en forma legal a Conservas Dalcaue, S.A., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 27 de setembro de 2013

A secretaria xudicial