Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 203 Mércores, 23 de outubro de 2013 Páx. 41794

II. Autoridades e persoal

b) Nomeamentos

Axencia Turismo de Galicia

RESOLUCIÓN do 16 de outubro de 2013 pola que se dispón o cesamento e o nomeamento de membros do Consello do Turismo de Galicia.

O Decreto 149/2012, do 5 de xullo, polo que se regula o Consello do Turismo de Galicia, establece no seu artigo 5 o procedemento de nomeamento dos/das seus/súas membros e dispón no seu parágrafo 1 que os/as membros serán nomeados e cesados pola persoa titular do órgano superior da Administración autonómica competente en materia de turismo por proposta das diferentes organizacións e entidades representadas. O parágrafo 2 do citado artigo establece que se algún/algunha membro perde a condición de representatividade pola organización que o elixiu, esta deberalle comunicar, no prazo máximo dun mes, á Administración turística autonómica, o/a novo/a vogal proposto/a para a súa representación.

O 18.2.2013 constituíuse a Axencia Turismo de Galicia, coa sesión constitutiva do seu Consello Reitor, que asumiu desde a súa constitución as competencias atribuídas á Secretaría Xeral para o Turismo, de conformidade co disposto na disposición adicional primeira do Decreto 196/2012, do 27 de setembro, polo que se crea a Axencia de Turismo de Galicia e se aproban os seus estatutos.

Polo exposto, en exercicio das facultades que teño conferidas,

RESOLVO:

Primeiro. Cesar como membros do Consello do Turismo de Galicia a:

Miguel Rodríguez Bugarín, membro titular, en representación da consellería competente en infraestruturas.

José Manuel Rey Pichel, membro suplente, en representación da consellería con competencias en cultura.

Eduarda Varela Castro, membro suplente, en representación da consellería con competencias en economía.

Abilio Álvarez Arias, membro titular, e Manuel Oreiro Romar, suplente, en representación de axencias de viaxes e centrais de reservas.

Rafael Luaña de la Viña, membro titular, en representación de hoteis balneario e hoteis talaso.

Segundo. Nomear como membros do Consello do Turismo de Galicia a:

María del Camino Triguero Salas, directora xeral de Mobilidade, membro titular, en representación da consellería competente en infraestruturas.

Mª Carmen Martínez Insua, directora xeral do Patrimonio Cultural, membro suplente, en representación da consellería con competencias en cultura.

Marta López Quintás, membro suplente, en representación da consellería con competencias en economía.

Diego Otero Villaravid, membro titular, e Mercedes Digón López, membro suplente, en representación de axencias de viaxes e centrais de reservas.

Antonio Garaloces Paz, membro titular, en representación de hoteis balneario e hoteis talaso.

Jorge Carneiro Penedo, membro titular, e Isabel Castaño Becerra, membro suplente, en representación de CC.OO.

Santiago de Compostela, 16 de outubro de 2013

Mª Nava Castro Domínguez
Directora da Axencia Turismo de Galicia