Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 203 Mércores, 23 de outubro de 2013 Páx. 41827

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

ANUNCIO do 2 de outubro de 2013, da Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, polo que se notifican as resolucións recaídas nos expedientes sancionadores en materia de xogo L-8/12, OU-17/12 e C-2/13.

Segundo consta no expediente, intentada a práctica da notificación a Gil Vázquez Vázquez, en relación cos expedientes sancionadores en materia de xogo L-8/12, OU-17/12 e C-2/13 que se relacionan no anexo que se xunta, non foi posible efectuala, polo que a Dirección Xeral de Emerxencias e Interior acorda proceder á notificación das ditas resolucións por medio da súa publicación no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de edictos do Concello de Lugo, ao abeiro do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (modificada pola Lei 24/2001, do 27 de decembro).

O/A interesado/a poderá examinar as citadas resolucións completas no Servizo de Xogo da Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, sito na rúa Roma, 25-27, de Santiago de Compostela, desde as 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

De acordo co disposto nos artigos 114 e 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificados pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, contra as resolucións dos expedientes indicados, que non esgotan a vía administrativa, poderá o interesado interpoñer recurso de alzada, ante o vicepresidente e conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución. O dito recurso ou calquera outro que xulgue pertinente ao seu dereito poderá interporse ante esta dirección xeral e/ou ante a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.

Santiago de Compostela, 2 de outubro de 2013

Santiago Villanueva Álvarez
Director xeral de Emerxencias e Interior

ANEXO

Expedientes: L-8/12, OU-17/12 e C-2/13.

Interesado: Gil Vázquez Vázquez.

DNI/NIF: 34247993G.

Último domicilio coñecido: Camiño Pipín, 13, andar 1º, Lugo.

Data da resolución: 13 e 16 de setembro de 2013.

Tipificación e precepto infrinxido: grave.

Sanción: 3.000,01 euros.