Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 203 Mércores, 23 de outubro de 2013 Páx. 41833

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

ANUNCIO do 11 de setembro de 2013, da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, polo que se somete a información pública a solicitude de autorización ambiental integrada para unha fábrica de fariña, promovida por Reyes Hermanos, S.L., no concello de Pontevedra (Pontevedra) (clave do expediente 2013-IPPC-I-7).

Para os efectos previstos na Lei 16/2002, do 1 de xullo, de prevención e control integrados da contaminación (BOE nº 157, do 2 de xullo), faise público que por espazo de trinta (30) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, quedará exposta a seguinte documentación:

– Autorización ambiental integrada. Planta de produción de fariña de trigo. Reyes Hermanos, S.L. Pontevedra (Pontevedra). Nº encarga 17546. Setembro 2013.

– Documento de síntese da autorización ambiental integrada. Planta de produción de fariña de trigo. Reyes Hermanos, S.L. Pontevedra (Pontevedra). Nº encarga 17546. Setembro 2013.

Co fin de que calquera interesado poida consultala e, de ser o caso, formular nese prazo as alegacións, suxestións ou observacións que considere convenientes. Os citados documentos estarán á disposición dos administrados, en horario de atención ao público, nas seguintes dependencias:

– Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, Servizo de Prevención e Control Integrados da Contaminación (r/ San Lázaro, s/n. 15781 Santiago de Compostela).

– Xefatura Territorial de Pontevedra da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas (r/ Fernández Ladreda, 43-1º 4º. 36003 Pontevedra).

– Concello de Pontevedra (praza de España, 1. 36071 Pontevedra).

Ademais poderán consultalos na páxina web da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas (http://www.cmati.xunta.es/>medio ambiente e sostibilidade>prevención e control de actividades>autorización ambiental integrada>proxectos en información pública).

Santiago de Compostela, 11 de setembro de 2013

Justo de Benito Basanta
Secretario xeral de Calidade e Avaliación Ambiental

ANEXO

Memoria resumo

Clave do expediente: 2013-IPPC-I-7.

Peticionaria: Reyes Hermanos, S.L.

Domicilio social: Polígono Industrial O Campiño, rúa Chan de Parafita, 25. 36158 Pontevedra.

Localización da instalación: Polígono Industrial O Campiño, rúa Chan de Parafita, 25. 36158 Pontevedra.

Actividade: esta instalación dedícase, desde o ano 1996, á fabricación de fariña de trigo e salvado, e á súa posterior distribución.

Descrición: o proceso produtivo divídese basicamente nas seguintes etapas:

– Recepción, descarga e almacenamento de materias primas e auxiliares (gran, envases e aditivos).

– Limpa do gran.

– Moenda do gran.

– Almacenamento de fariña e salvado.

– Mestura de aditivos (fariña).

– Almacenaxe de produto (ensacado ou granel) e expedición.

Verteduras: na instalación non se producen verteduras industriais. As augas sanitarias xeradas e as augas pluviais recollidas nos sumidoiros das instalacións condúcense de maneira individualizada e vértense directamente á rede separativa do Polígono Industrial O Campiño.