Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 203 Mércores, 23 de outubro de 2013 Páx. 41831

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

ANUNCIO do 17 de agosto de 2013, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se emprazan os interesados para seren notificados por comparecencia no expediente sancionador en materia de residuos LU-RES 2013/024 e cinco máis.

De conformidade co disposto nos artigos 58 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, despois de intentada dúas veces a notificación persoal, emprázanse os interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia.

Os actos obxecto de notificación foron adoptados polo xefe territorial en Lugo da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas e pola instrutora do procedemento.

A comparecencia deberá efectuarse no prazo de dez días, que se contarán desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

A comparecencia deberá efectuarse na sede da Xefatura Territorial de Lugo da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, das 9.00 ás 14.00 horas e de luns a venres. A citada xefatura territorial ten a súa sede na rolda da Muralla, nº 70, 2º, do termo municipal de Lugo.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao día final do prazo fixado.

Lugo, 17 de agosto de 2013

José Mª López Vega
Xefe territorial de Lugo

ANEXO

Expediente: LU-RES 2013/024.

Denunciado: Razvan Anghel Curt.

Acto notificado: resolución do expediente sancionador.

Expediente: LU-RES 2013/086.

Denunciada: Marian Sali.

Acto notificado: resolución do expediente sancionador.

Expediente: LU-RES 2013/111.

Denunciado: Abdeslam El Zekri.

Acto notificado: acordo de iniciación de expediente sancionador.

Expediente: LU-RES 2013/120.

Denunciados: José Camacho Jiménez y Felicidad Gabarres Montoya.

Acto notificado: proposta de resolución de expediente sancionador.

Expediente: LU-RES 2013/160.

Denunciado: Ilie Plesca.

Acto notificado: acordo de iniciación de expediente sancionador.

Expediente: LU-RES 2013/190.

Denunciada: Neumáticos González, C.B.

Acto notificado: arquivamento da denuncia.