Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 203 Mércores, 23 de outubro de 2013 Páx. 41801

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

ORDE do 21 de outubro de 2013 pola que se procede ao nomeamento como funcionarios/as en prácticas do corpo de xestión da Administración da Xunta de Galicia, subgrupo A2, escala técnica de finanzas, dos/as aspirantes que superaron a fase de oposición do proceso selectivo convocado pola Orde do 25 de maio de 2012.

Unha vez rematada a fase de oposición do proceso selectivo para o ingreso no corpo de xestión de Administración da Xunta de Galicia, subgrupo A2, escala técnica de finanzas convocado pola Orde do 25 de maio de 2012 (DOG núm. 103, do 31 de maio) e verificada a concorrencia dos requisitos exixidos nas bases da convocatoria, esta consellería, de acordo co disposto no Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei da función pública de Galicia, no Decreto 95/1991, do 20 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de selección de persoal da Administración da Xunta de Galicia e nas bases da convocatoria do proceso selectivo,

DISPÓN:

Primeiro. Nomear funcionarios/as en prácticas do corpo de xestión da Administración da Xunta de Galicia, subgrupo A2, escala técnica de finanzas, aos aspirantes que superaron a fase de oposición do proceso selectivo convocado pola Orde do 25 de maio de 2012, e que figuran no anexo ordenados de acordo coa puntuación final obtida.

O nomeamento terá efectos, segundo establece a base V.4 da convocatoria, desde a data de inicio do período de prácticas regulado na Resolución da Consellería de Facenda do 21 de outubro de 2013.

A situación xurídica dos/as aspirantes nomeados/as funcionarios/as en prácticas será a prevista no Decreto 95/1991, do 20 de marzo, e demais disposicións concordantes.

Segundo. Convocar os/as nomeados/as ao acto de adxudicación de destinos en prácticas que terá lugar na sala de xuntas da Consellería de Facenda (Edificio Administrativo da Xunta de Galicia, San Caetano, s/n, Santiago de Compostela) ás 10.00 horas do día 24 de outubro de 2013.

Terceiro. Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer, con carácter potestativo, recurso de reposición ante a conselleira de Facenda no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación, ou directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados desde esa mesma data, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, conforme o disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 21 de outubro de 2013

Elena Muñoz Fonteriz
Conselleira de Facenda

Anexo

Nº de orde

DNI

Apelidos e nome

 1

52934451C

Pouso Abuín, Luisa

 2

76907047S

Vilas Pazo, Ángela

 3

53300417X

Peirago Rodríguez, Laura Carmen

 4

76720415M

Andrade Rodríguez, María Luz

 5

32777356X

Fernández Burgo, María Iciar

 6

33350139R

Castedo de la Fuente, Isabel

 7

44078337X

Solorzano González, Enrique Joaquín

 8

76903817M

Herrero Romero, Roberto

 9

44842096P

Rey Vázquez, Raquel

10

44831490M

Delgado Calvo, María Teresa

11

36056854F

López Méndez, María Concepción

12

36105086P

Carreira Costas, Elvira