Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 201 Luns, 21 de outubro de 2013 Páx. 41487

III. Outras disposicións

Instituto Galego de Promoción Económica

RESOLUCIÓN do 11 de outubro do 2013 pola que se lles dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos polo Instituto Galego de Promoción Económica no primeiro e segundo cuadrimestre de 2013.

O artigo 11 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e boas prácticas na Administración pública galega (DOG núm. 136, do 14 de xullo), establece que as entidades de dereito público vinculadas ou dependentes da Comunidade Autónoma de Galicia deberán publicar cuadrimestralmente no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración asinados no cuadrimestre anterior.

Polo que antecede, en virtude das facultades que teño concedidas,

RESOLVO:

Único. Facer pública a relación dos convenios subscritos polo Instituto Galego de Promoción Económica nos meses de xaneiro, febreiro, marzo, abril, maio, xuño, xullo e agosto do ano 2013, que se anexa a esta resolución.

Santiago de Compostela, 11 de outubro de 2013

Javier Aguilera Navarro
Director xeral do Instituto Galego de Promoción Económica

Anexo

Convenio

Data sinatura

Importe €

2013

2014

Convenio entre o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) e a Asociación Bioga-Clúster Tecnolóxico Empresarial das ciencias da vida co fin de acoller bolseiros/as para a realización de proxectos de mellora da competitividade nas pemes.

25.1.2013

Sen achega económica

Convenio entre o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) e a Asociación Clúster de Biotecnoloxía de Galicia (CBG) co fin de acoller bolseiros/as para a realización de proxectos de mellora da competitividade nas pemes.

6.2.2013

Sen achega económica

Convenio entre o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) e a Asociación Clúster Galego de Autoconsumo enerxético (AGAEN) co fin de acoller bolseiros/as para a realización de proxectos de mellora da competitividade nas pemes.

5.3.2013

Sen achega económica

Convenio entre o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) e a Asociación Clúster da Xeotermia Galega (ACLUXEGA) co fin de acoller bolseiros/as para a realización de proxectos de mellora da competitividade nas pemes.

15.3.2013

Sen achega económica

Acordo interadministrativo de colaboración acadado entre a Consellería de Medio Rural e do Mar e a Consellería de Economía e Industria (Instituto Galego de Promoción Económica) sobre o traspaso ao Igape das cantidades transferidas a dita consellería por parte do Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente a través da conferencia sectorial en concepto de subvención dos préstamos acollidos á Orde APA/165/2008, do 31 de xaneiro, pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria das axudas aos titulares de explotacións gandeiras para sufragar o custo dos avais concedidos pola Sociedade Anónima Estatal de Caución Agraria.

15.4.2013

Sen achega económica

Convenio de colaboración entre o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) e a Universidade de Santiago de Compostela (USC) para a realización de actividades formativas ao abeiro do Proxecto ATC4 Excellence.

18.4.2013

9.000

Protocolo de colaboración entre o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) e a Axencia Galega de Innovación (GAIN) para o establecemento dun marco de actuación conxunta na xestión de axudas do Igape a proxectos de innovación.

13.5.2013

Sen achega económica

Convenio de colaboración entre o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) e diversas entidades financeiras para a habilitación dunha liña de avais do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) para facilitar ás pemes galegas o acceso a financiamento destinado ao inicio ou incremento da súa actividade exportadora, instrumentadas mediante convenio coas entidades colaboradoras (Programa Re-Export 2013).

13.5.2013

Sen achega económica

Acordo de colaboración entre o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) e Caixa Emprendedor XXI (grupo «la Caixa») para a organización do Premio Emprendedor XXI.

20.5.2013

Sen achega económica

Convenio de colaboración entre o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) e o Instituto para a Promoción do Investimento e as Exportacións de Bens e Servizos da República Oriental do Uruguai (Uruguai XXI).

2.6.2013

Sen achega económica

Convenio de colaboración entre o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) e as sociedades de garantía recíproca para a habilitación dunha liña de microcréditos destinados ao financiamento dos investimentos dos emprendedores e microempresas.

3.6.2013

378.400

Addenda ao convenio para a prestación de asistencia xurídica pola Asesoría Xurídica da Xunta de Galicia ao Instituto Galego de Promoción Económica (Igape).

4.6.2013

30.000

Convenio entre o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) e Álvarez Real, S.L. co fin de acoller bolseiros/as para a realización de proxectos de mellora da competitividade nas pemes.

18.6.2013

Sen achega económica

Convenio de colaboración entre o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) e a Confederación de Empresarios de Galicia (CEG) para o desenvolvemento do Global Entrepreneurship Monitor (Proxecto GEM) en España a nivel rexional, cofinanciado polo Fondo Social Europeo no marco do programa operativo FSE Galicia 2007-2013.

19.6.2013

25.000

Addenda ao convenio de colaboración, asinado o 26 de outubro de 2012, entre o Instituto Galego de Promoción Económica e Cointega-Confederación Industrias Téxtiles de Galicia para a promoción en Colombia do sector téxtil.

27.6.2013

Sen achega económica

Convenio de colaboración para a habilitación dun programa de apoio ao acceso ao financiamento operativo (activo corrente) das pequenas e medianas empresas, subscrito entre o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), as sociedades de garantía recíproca e as entidades financeiras adheridas (Re-Solve 2013).

28.6.2013

Sen achega económica

Protocolo de actuacións de colaboración entre o Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo e a Xunta de Galicia, a través da entidade de dereito público Instituto Galego de Promoción Económica, para a reindustrialización nas comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal.

8.7.2013

Sen achega económica

Protocolo de colaboración para a promoción económica mutua entre o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) e a Axencia Eslovaca de Desenvolvemento de Investimentos e Comercio (SARIO).

9.7.2013

Sen achega económica

Convenio de colaboración entre o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) e a Compañía Española de Financiamento do Desenvolvemento, Cofides, S.A.

24.7.2013

Sen achega económica

Addenda ao acordo marco asinado o 5 de novembro de 2012 entre o Instituto Galego de Promoción Economica (Igape) e a Fundación EOI para levar a cabo programas de I+D+i para o beneficio das empresas.

26.8.2013

57.946

161.784

Addenda ao acordo marco asinado o 5 de novembro de 2012 entre o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) e a Fundación EOI para a execución de programas formativos cofinanciados polo Fondo Social Europeo.

27.8.2013

50.592

50.592