Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 201 Luns, 21 de outubro de 2013 Páx. 41483

III. Outras disposicións

Consellería de Sanidade

RESOLUCIÓN do 8 de outubro de 2013, da Dirección Xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública, pola que se fai pública a celebración dun curso homologado de nivel básico para a obtención do carné de aplicador/manipulador de biocidas.

A Orde do 30 de xullo de 1997, conxunta das consellerías de Agricultura, Gandaría e Montes e de Sanidade e Servizos Sociais, polo que se establece na Comunidade Autónoma de Galicia a normativa reguladora para a homologación de cursos de capacitación para realizar tratamentos con praguicidas, así como, para a obtención do carné de manipuladores destes produtos, establece no seu artigo 8.6 que os ministerios de Agricultura, Pesca e Alimentación e de Sanidade e Consumo comunicarán aos organismos responsables da Comunidade Autónoma a homologación dos ditos cursos, e no seu artigo 9, a obrigatoriedade de que o organismo oficial responsable publique no Diario Oficial de Galicia a información correspondente a cada curso que se vai celebrar.

En consecuencia, anúnciase a celebración dun curso de aplicador/manipulador de biocidas, nivel básico, homologado polas direccións xerais de Saúde Pública do Ministerio de Sanidade e Política Social e de Agricultura do Ministerio de Medio Ambiente, Rural e Mariño, solicitado pola entidade Sanea Control, S.L., de acordo ás seguintes bases:

1. Denominación do curso:

Curso para a capacitación de aplicadores/manipuladores de produtos biocidas. Nivel básico.

2. Entidade organizadora:

Sanea Control, S.L.

3. Data:

Novembro 2013: 4, 11, 18, 25.

Decembro 2013: 2.

4. Lugar de celebración:

Conservas Calvo.

Estrada A Coruña-Fisterra, km 34,5.

15106 Carballo (A Coruña).

5. Número de prazas:

Máximo 25 alumnos.

6. Dirixido a:

Todo o persoal auxiliar das empresas que apliquen e/ou manipulen produtos biocidas.

7. Criterios de selección:

Por rigorosa orde de recepción de inscricións.

8. Presentación de solicitudes:

Solicitude segundo o modelo do anexo I.

9. Programa:

Día 4.11.2013

9.30-10.00 h

Introdución.

10.00-10.30 h

Riscos para o home derivados da utilización dos praguicidas.

10.30-12.00 h

Praguicidas e ambiente: problemas que presentan. Destrución de envases.

12.00-13.45 h

Hixiene e seguranza no seu manexo e aplicación.

Día 11.11.2013

9.30-10.30 h

Lexislación.

10.30-13.00 h

Xeneralidades sobre pragas ambientais e da industria alimentaria.

13.00-13.45 h

Métodos de loita antivectorial.

Día 18.11.2013

9.30-11.30 h

Interpretación de pictogramas e etiquetas de praguicidas.

11.30-13.45 h

Prevención, diagnóstico e primeiros auxilios no caso de intoxicación por praguicidas.

Día 25.11.2013

9.30-11.30 h

Métodos de loita antivectorial.

11.30-13.45 h

Técnicas de aplicación de praguicidas.

Día 2.12.2013

9.30-10.30 h

Preparación de disolucións de produtos.

10.30-11.30 h

Boas prácticas de almacenamento de praguicidas.

11.30-12.30 h

Resolución de exercicios prácticos.

12.30-13.30 h

Avaliación tipo test.

10. Certificado de superación do curso:

É obrigatoria a asistencia a todas as sesións do curso. Finalizado este, a entidade organizadora realizará as probas pertinentes que avalíen os coñecementos adquiridos polos alumnos e, en caso de superárenas expedirá o certificado correspondente co cal poderá solicitar á Dirección Xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública da Consellería de Sanidade o carné de aplicador/manipulador de biocidas, nivel básico.

Santiago de Compostela, 8 de outubro de 2013

Sonia Martínez Arca
Directora xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública

ANEXO I
Ficha de solicitude de inscrición

Curso para a capacitación de aplicadores/manipuladores de produtos biocidas. Nivel básico

Entidade organizadora: Sanea Control, S.L.

Datas:

Novembro 2013: 4, 11, 18, 25.

Decembro 2013: 2.

Lugar de celebración do curso:

Conservas Calvo.

Estrada A Coruña-Fisterra, km 34,5.

15106 Carballo (A Coruña).

Duración: 20 horas teórico/prácticas e 1 hora de avaliación.

Horario: das 9.30 ás 13.45 h, agás o día 2 de decembro que será das 9.30 ás 13.30 h.

Nº de prazas: máximo 25 alumnos.

Presentación de solicitudes:

Enviarase como data límite o 28 de outubro de 2013 a ficha de inscrición xunto cunha copia do DNI, fotografía tamaño carné e xustificante de pagamento a Sanea Control, S.L., avda. da Maía 106, baixo, 15220 Bertamiráns, Ames (A Coruña). Tel. 981 88 69 24/639 60 63 81. Fax 881 24 29 45, correo electrónico saneacontrol@yahoo.es

Criterio de selección: por rigorosa orde de recepción da solicitude.

NOME:

APELIDOS:

CARGO/ACTIVIDADE DESEMPEÑADA:

EMPRESA:

SECTOR ACTIVIDADE:

ENDEREZO:

CP:

LOCALIDADE:

PROVINCIA:

TELEFONO:

FAX:

CORREO ELECTRÓNICO: