Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 201 Luns, 21 de outubro de 2013 Páx. 41616

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello do Porriño

ANUNCIO de información pública (expediente AM/10/13).

Comercial Udra, S.A. solicitou da Alcaldía licenza municipal de acondicionamento e actividade para a apertura dun establecemento dedicado a venda por xunto de tecidos, mercería, roupas deportivas e servizos de paquetaría que se situará no Cerquido, s/n (San Salvador de Budiño), desta localidade. En cumprimento do disposto no artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública por un período de vinte días hábiles, co fin de que durante este, que empezará a contarse desde o día seguinte ao da inserción deste anuncio no Diario Oficial de Galicia e no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra, poidan examinar o expediente AM/10/13, na Sección de Urbanismo deste concello, as persoas que dalgún modo se consideren afectadas pola actividade que se pretende instalar e formular por escrito as reclamacións ou observacións que xulguen oportunas.

O Porriño, 12 de setembro de 2013

José Nelson Santos Argibay
Alcalde